Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 7 de Abril de 2010, instalouse a actualización de Febreiro de 2010 da base de datos do CSD, contendo 7380 novas estruturas, o que supón un total de 503348 entradas na base de datos.
A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de raios X e difracción de neutróns.
Cambridge Structural Database (CSD)
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos. Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen en síntese, ou caracterización de estruturas moleculares e necesiten comparar con estruturas identificadas en bibliografía. Información adicional: visite http://www.ccdc.cam.ac.uk/products/csd Máquina de acceso: svgd.cesga.es
GUIA DE USO:
A completa guía de uso, así como información adicional sobre este software, pódese atopar na páxina oficial do Cesga
(http://www.cesga.es)baixo Computación> Aplicacións > Bases de Datos Científicas > CSD ou directamente na seguinte URL: http://www.cesga.es/php/mais_info_es.php?id=48
Se se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (comando cq), selecciónense as opcións View Databases > Entries in CSD version 5.31 (November 2009) ou View Databases > Entries in CSD version 5.31 updates.
Ante algún problema co programa ou a actualización, non dubide en poñerse en contacto connosco a través de aplicacions@cesga.es, indicando no asunto "Erro en CSD".