CESGA convoca catro estancias de investigación para xoves investigadores no CESGA durante a celebración da primeira CESGA Computational Science Summer School. O obxectivo destas estancias será o desenvolvemente ou mellora dunha aplicación científica utilizando as ferramentas e os coñecementos adquiridos na etapa de formación da Summer School.
Recén titulados que desexen realizar un proxecto de investigación ou colaborar nun xa existente dentro da Rede G-HPC.
Os beneficiarios das estancias seguirán os cursos de formación que se celebrarán na Summer School e realizarán actividades de investigación coa colaboración de personal técnico do CESGA. Pode atopar máis información sobre a CESGA Computational Summer School neste enlace.