O pasado 1 de Maio de 2008 botou a andar o proxecto NextCESGA que ten como obxetivo principal converter o CESGA nun Centro de Excelencia en Investigación nun futuro próximo.
Para conseguilo realizarase:
- Unha Análise DAFO realizado por un Comité Asesor Externo de destacados expertos na materia.
- Un Benchmarking con outros centros europeos de alto prestixio e nivel.
- A definición dun Plan de Acción para esta transformación.
O proxeto ten unha duración estimada de 1 ano e está financiado polo Sétimo Programa Marco de I + D+ T+ i da Unión Europea.