Os principais obxectivos do departamento de Software Libre do CESGA son:
Avaliar a situación actual do Software Libre en Galicia, analizar as opcións tecnolóxicas existentes e realizar vixilancia tecnolóxica en orde á súa posible incorporación á nosa sociedade.
Traballar coordinadamente coas diferentes iniciativas que se están levando a cabo en Galiza no eido do Software Libre.
Experimentar e detectar casos significativos de implantación de Mancomun en Galicia, co obxecto de identificar os puntos fortes e débiles, proporcionando, ó mesmo tempo, accións de demostración.
O Cesga recibe o Premio Computerworld 2006 ao impacto no cidadán
O CESGA recibiu esta mañá o premio do semanario ComputerWorld ao Impacto no Cidadán. O motivo que fixo merecedor ao CESGA deste galardón é o esforzo realizado polo Centro para mellorar a calidade de vida dos cidadáns a través do I+D+i e de servizos eficaces, flexibles e transparentes. Este premio forma parte dos Premios ComputerWorld á Modernización TIC 2006.
Balance positivo do seminario "Plataformas Tecnolóxicas"
O seminario sobre Plataformas Tecnolóxicas celebrouse o día 6 de xuño no Centro Social Caixanova de Vigo e foi organizado pola Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia e a Rede OTRI Galega, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria –entre outras institucións-.
O CESGA achega tecnoloxía ao sector lácteo peruano
A execución de dous proxectos de educación a distancia en rede no sector lácteo peruano convirten a Galicia en referente para o desenvolvemento tecnolóxico industrial neste eido. Representantes da entidade colaboradora en Perú atópanse estes días en Galicia para coñecer de primeira man as tecnoloxías empregadas polo CESGA e poder desenvolver, posteriormente, iniciativas propias.