Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
1525 visitantes
Total dende 21-12-05: 73826433 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Curso de preparación prazas telefonistas PDF E-mail

Rematou o curso de preparación de prazas de telefonistas nas aulas de teleensino do CESGA.

O curso desenvolveuse durante os días 18, 19, 20, 25 e 26 do mes de outubro, e asistiron alumnos tanto na sede do CESGA en Santiago, como no Campus de Lugo. 

Estableceuse unha conexión por videoconferencia, que permitiu compartir aplicacións, imaxe e son cos alumnos asistentes ao curso en Lugo.

Actualizado ( 26.09.2005 )
(+)
O 28 de outubro comezarán oficialmente as experiencias pedagóxicas do Proxecto A PONTE PDF E-mail
Comezan as experiencias pedagóxicas: O día 28 de outubro comezan oficialmente as experiencias pedagóxicas coa utilización das novas tecnoloxías nos centros. O tema de traballo das experiencias será a Unión Europea. Os profesores e alumnos traballarán no seu centro e con outros centros, incluídos os portugueses, para desenvolver unha unidade didáctica sobre este tema. Entre as actividades encóntranse, entre outras, a utilización do correo electrónico para intercambio de información e ideas sobre Europa, a busca na Web e a utilización do chat. Manterémosvos informados da evolución.

Estreamos a sección "Universidade": Nela pódese acceder a diferentes recursos relacionados co sistema universitario galego e portugués. O obxectivo e o de incentivar as actividades entre os centros de secundaria e a Universidade http://www.aponte.org/Actividades/uni.html

O "Escaparate" de A PONTE: Este mes presentamos un enlace a dúas guías de HTML para aqueles que se animen a crear a Web do seu centro. http://www.aponte.org/Escaparate/indexEscaparate.html
Actualizado ( 08.09.2005 )
III Congreso Nacional de Usuarios de Matlab PDF E-mail
Os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro vaise celebrar en Madrid (UNED) o III Congreso Nacional de Usuarios de Matlab.Esta edición presenta un atractivo especial, coa presentaciónde máis de 70 Papers e catro conferencias plenarias que cubrirán aspectos tan variados como DSP práctico con MATLAB, grandes proxectos de control con MATLAB, Simulink e Stateflow, MATLAB e o mundo real con Data Acquisition Toolbox, exemplos de prototipaxe rápido, etc. Entre os traballos presentados por experimentados usuarios figuran interesantes exposicións que agrupadas en distintas categorías: robótica, comunicacións, simulación, tratamento de imaxes, máquinas eléctricas e electrónica de potencia, sistemas dinámicos, procesos químicos, tratamento de sinais médicas, redes neuronais, contornos gráficos, aplicacións matemáticas, docencia, control...
Actualizado ( 13.09.2005 )
(+)
Segundo Workshop do Proxecto A PONTE PDF E-mail
O vindeiro 4 de novembro celebrarase o segundo Workshop do Proxecto A PONTE na localidade portuguesa de Ponte de Lima. Nel reuniranse todas as partes implicadas no proxecto: os membros do Consorcio A Ponte (CESGA, SEMA Group, AURN, SBLN, CEEL) e os profesores das escolas participantes no proxecto en Galicia e na Regiao Norte de Portugal.

O Workshop marca o comezo das experiencias pedagóxicas nas escolas A Ponte, nas que se desenvolven diferentes actividades encamiñadas ao uso das novas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) no ensino en áreas rurais de Galicia e do Norte de Portugal.

Para máis información sobre o proxecto e as actividades que se desenvolven nel, visite a Web A PONTE
Actualizado ( 28.09.2005 )
Entrada en funcionamento do sistema de colas no HPC4500 PDF E-mail
A partir do venres, 15 de outubro, ponse en funcionamento o sistema de colas do Servidor de Cálculo HPC4500. Deste xeito, poderase mellorar o tempo de resposta das aplicacións dos usuarios, ó mesmo tempo que se insire unha distribución máis uniforme da potencia de cálculo entre tódolos usuarios.

O novo sistema de colas está baseado no Load Sharing Facility (LSF), anque mantén a compatibilidade co sistema Network Queuing System (NQS), implantado nos outros servidores de cálculo do CESGA. Esto permite que os usuarios que xa coñezan o anterior sistema de colas non teñan que aprender novos comandos, aínda que recomendamos a utilizacion do novo sistema polas melloras que supón en canto ó seguimento e control dos traballos nas colas.

Nas páxinas web do CESGA atópase a descrición das colas creadas no HPC4500, así como unha guía dos principais comandos do LSF.

Ante calquera dúbida poden dirixirse á dirección de correo electrónico  ou ó teléfono do CESGA: 981 569810.
Actualizado ( 17.11.2005 )
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 Seguinte > Final >>

Resultados 847 - 855 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA