Rematou o curso Master de Formación de Especialistas en Programación JAVA
O obxectivo prioritario deste plan foi formar profesionais galegos para satisfacer a demanda que por parte das empresas existe nesta especialidade da programación, de xeito que estes postos de traballo en novas tecnoloxías sexan cubertos con capital humano autóctono.
Presentación das conclusións e resultados do proxecto A PONTE na Conferencia Final
O venres 22 de setembro presentaranse as conclusións e resultados do proxecto europeo A PONTE na conferencia final do mesmo que se celebrará no recinto feiral de Lugo. O interese da Unión Europea neste proxecto baséase na necesidade de aprender recollendo datos de experiencias reais de cara ao desplegue masivo destas tecnoloxías en áreas rurais de similares características no resto da Unión. O principal obxectivo deste proxecto foi analizar as vantaxes e inconvenientes do uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións nos centros de educación das áreas rurais da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
A Unión Europea entende necesaria a monitorización e avaliación dunha experiencia real de achegamento destas tecnoloxías á poboación das zonas máis desfavorecidas para mellorar as oportunidades de formación e evitar efectos de "fractura social" no limiar da sociedade da información e do coñecemento.
Xa podedes consultar o programa da Conferencia Final de A PONTE. Esta conferencia é o colofón do proxecto e celebrarase o día 22 de setembro en Lugo. Como parte dela, presentaremos os resultados do proxecto, faremos videoconferencias con colexios galegos e portugueses e tamén mesas redondas, nas que se debatirán as distintas opinións sobre o uso das Novas Tecnoloxías aplicadas ao ensino. Inscríbete gratuitamente na seguinte dirección: http://www.aponte.org/fc/subs.htm
Actualizado ( 13.09.2005 )
Rede de Observación Metereolóxica e Climatolóxica
A Consellaría de Medio Ambiente decidiu poñer en marcha un proxecto para o desenvolvemento da súa rede de observación meteorolóxica e climatolóxica, así como para contar cunha predición meteorolóxica propia. Este proxecto, que estará ubicado no Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, conta coa participación do Grupo de Física Non Lineal da USC, liderado por Vicente Pérez Muñuzuri, no tocante á preparación da predición numérica.
A Consellaría de Medio Ambiente asinou un acordo de colaboración co CESGA para a utilización dos seus equipos de supercomputación con este fin.
O Grupo de Física Non Lineal da Facultade de Física vén de cambiar o seu servidor de información meteorolóxica, incorporando algunhas novas seccións. Esta páxina inclúe unha predición a 24 horas que se actualiza cada día ás 12h.