Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
984 visitantes
Total dende 21-12-05: 73945234 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O CESGA intégrase na Rede de Cooperación ó Desenvolvemento San Simón PDF E-mail
O Protocolo de creación desta rede, promovido pola Consellaría de Cultura Comunicación Social e Turismo, foi asinado hoxe, 29 de novembro, en Santiago.

A devandita Consellaría, como promotora, e a Fundación Caixa Galicia, como ente colaborador, propiciarán a participación e contribución institucional á Rede por parte de todas as entidades que hoxe asinaron o protocolo.
Modificado ( 13.09.2005 )
(+)
Fujitsu ICL España, S.A. contrata os servicios do CESGA para desenvolver software de simulación PDF E-mail
O Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Ilmo. Sr. D. Miguel Ángel Ríos Fernández, actuando en calidade de Presidente do Consello de Administración do CESGA e o Conselleiro Delegado de Fujitsu ICL España, Sr. D. Shigeji Tomío firmaron hoxe venres, 12 de novembro un contrato de investigación e innovación tecnolóxica.

Segundo o acordo Fujitsu contrata os servicios do CESGA para desenvolver ferramentas de software para a simulación numérica de sistemas de control activo de contaminación acústica.
Modificado ( 13.09.2005 )
(+)
Apertura do Curso 99-2000 da Diplomatura de Biblioteconomía a través de videoconferencia PDF E-mail
Hoxe, xoves, 11 de novembro ás 19:00 celebrouse no salón de actos do Vicerrectorado do Campus de Ferrol da UDC o Acto Oficial de Apertura do Curso 99-2000 da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación.

O acto de apertura, organizado pola Asociación de Estudiantes de Biblioteconomía e Documentación, correu a cargo do Director Xerente do CESGA, Javier García Tobío. Este fixo a súa presentación en Ferrol dende o seu despacho en Santiago a través de videoconferencia. A súa exposición xirou ó redor da Nova Economía da Rede.

Na súa presentación, o Director do CESGA, analizou as principais consecuencias e efectos que as redes dixitais están a ocasionar na sociedade facendo especial fincapé no seu impacto na economía. Asímesmo, explicou o proceso de construcción desta nova economía que está a ter lugar como causa directa da evolución da rede internet. Un factor determinante na economía da rede é o comercio electrónico que está ocasionando cambios que dinamizan os mercados e a industria. Cambios que inevitablemente farán necesarias adaptacións de tipo político e cultural.
Modificado ( 13.09.2005 )
Curso de Optimización e Paralelización de Código Fortran77 sobre Plataformas Multiprocesador PDF E-mail
O curso celebrado os días 8 e 9 de novembro centrouse na optimización e paralelización deste código sobre multiprocesadores paralelos de memoria compartida (SMP).

Impartiron o curso especialistas do departamento de formación da casa Sun Microsystems. A el asistiron investigadores das tres universidades en Galicia e persoal do CESGA.

Neste curso os investigadores aprenderon a paralelizar seus códigos sobre plataformas multiprocesador de memoria compartida. A paralelización de códigos sobre este tipo de plataformas resulta máis doado que a paralelización sobre multiprocesadores de memoria distribuída.
Modificado ( 26.09.2005 )
As publicacións electrónicas reunen no CESGA a representantes das Bibliotecas das tres Universidades PDF E-mail
Hoxe, luns 8 de novembro, levouse a cabo no CESGA unha xuntanza de carácter técnico na que se presentarón e debatiron temas relacionados co uso das novas tecnoloxías aplicadas ás bases de datos referenciadas e publicacións electrónicas.

As representantes das Bibliotecas tiveron oportunidade de escoitar a exposición detallada sobre este tipo de publicacións da Xefa de Ventas da editorial Silverplatter.

Ademais, Claudio Adjona do Centro Informático Científico de Andalucía (CICA), relatou a experiencia deste centro a través do cal as oito Bibliotecas das Universidades de Andalucía teñen acceso a este tipo de publicacións.
Modificado ( 13.09.2005 )
<< << < < 91 92 93 94 95 96 97 98 99 > > >> >>

Resultados 838 - 846 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA