Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
952 visitantes
Total dende 21-12-05: 68634187 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Aberta a inscrición para cursos de formación no CESGA PDF E-mail
CURSOS DE VERÁN CESGA 2011:

Abertos os prazos de inscrición para os  seguintes cursos de formación no CESGA:

Para mais información: cursos@cesga.es
Actualizado ( 08.06.2011 )
(+)
CESGA Computational Science Summer School 2010 PDF E-mail



 

Ampliado o prazo de inscrición: 12 de abril


CESGA convoca a segunda CESGA Computational Science Summer School que se celebrará do 21 de xuño ao 15 de setembro de 2010. A Summer School está dirixida a xoves licenciados, enxeñeiros e investigadores que desexen formarse en técnicas de computación e novas ferramentas de cálculo científico. Ademais, a Summer School pretende mostrar os usos actuais da ciencia computacional en diversas aplicacións como Matemáticas, Biomedicina, Nanotecnoloxía, etc.
Actualizado ( 19.04.2010 )
(+)
CESGA Computational Science Summer School 2011 PDF E-mail



 

Ampliado o prazo de inscrición: 15 de maio


CESGA convoca a terceira "CESGA Computational Science Summer School" que se celebrará do 4 de xullo ao 30 de setembro de 2011. A Summer School está dirixida a licenciados, enxeñeiros, investigadores e programadores, tanto do ámbito académico como empresarial, que estén a desenvolver solucións de software no ámbito científico-técnico, ou que desexen mellorar a súa cualificación en ciencia computacional e desenvolver a súa carreira como programadores de aplicacións científicas ou de cálculo intensivo. Esta Summer School tamén está orientada a aqueles profesionais que desexen sacar o máximo rendemento ás novas arquitecturas de procesadores.

Os obxectivos da CESGA Computational Science Summer School 2011 (CCSSS11) son os seguintes:
  • Proporcionar capacitación no desenvolvemento de aplicacións científicas de cálculo intensivo.
  • Proporcionar capacitación na programación de aplicacións de computación paralela.
A CCSSS11 divídese nesta terceira edición en dous niveles centrados en cumprir estes dous obxectivos.
Actualizado ( 16.05.2011 )
(+)
Curso de Programacion de GPUs PDF E-mail
Aberto o prazo de inscrición ata o 12 de marzo do 2010 da terceira edición do curso Programación de GPUs (General Purpose Computation on Graphics Processing Unit).
Data: 24, 25 e 26 de Marzo do 2010, horario de 9:30 a 14:30 da mañá.
Duración: 15 horas.
Lugar de celebración: Sala de Usuarios da Fundación Cesga na  Avenida de Vigo s/n, Campus Sur de Santiago de
Compostela.
Organiza e financia: Red G-HPC.
Profesores: Emilio Padrón González  e Margarita Amor López.
Actualizado ( 04.06.2010 )
(+)
MEDIO AMBIENTE, PORTOS DO ESTADO E CESGA ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER MODELOS OCEANOGRÁFICOS PDF E-mail
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou xunto co presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, e o presidente da Fundación Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Ricardo Capilla, un convenio pioneiro que sitúa a Galicia na vangarda dos estudos oceanográficos. A través desta colaboración promoveranse actividades que melloren a capacidade científica, técnica e formativa destas institucións.

O acordo permitirá abordar a posta en marcha e avaliación dun modelo oceanográfico operacional para toda a fachada atlántica europea. Ademais, posibilitará a execución dun modelo oceánico rexional para a costa atlántica española que permita prever o comportamento da circulación oceánica e o nivel do mar no período 2000- 2050 en función de diversos escenarios de cambio climático.
(+)
Actualizado ( 19.02.2010 )
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 172 - 180 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA