Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
447 visitantes
Total dende 21-12-05: 74400611 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Servicios
Un mapa intelixente creado polo CESGA axuda a SOS Galicia na súa tarefa de prevención de catástrofes PDF E-mail

Este novo servizo de SOS Galicia, o teléfono 112, entrou en funcionamento o pasado 27 de novembro. A aplicación informática desenvolta por expertos da área de Sistemas de Información Xeográfica do CESGA, "Mapa de Riesgos de Galicia", nútrese de bases de datos xeoreferenciadas que inclúen información sobre infraestructuras susceptibles de seren afectadas por eventos meteorolóxicos, como nevadas e temporais.

Entre outros datos, estes mapas intelixentes inclúen información acerca de municipios, núcleos de poboación, a rede de estradas (principais e secundarias), portos de montaña, ferrocarril, localización dos postos de proteción civil, localización das máquinas quitaneves, localización e stock dos almacéns de sal, etcétera.

Sobre estes mapas dixitalizados cargados de información acerca de poboación, recursos e infraestructuras superpóñense as predicións do Centro Nacional de Meteoroloxía. Predicións que de cotío se actualizan no mapa de riscos de Galicia. Isto permite a SOS Galicia dispoñer de simulacións dos efectos esperados con antelación e saber en todo momento de que recursos dispón para facerlles fronte.

O sistema funciona de tal xeito que no caso dunha predición de por exemplo, nevadas en alturas superiores ós 700 metros en Galicia, o mapa de riscos en segundos produce un mapa mostrando os municipios e poboacións afectadas, o estado das vías de comunicación (portos de montaña, tramos de estrada e de ferrocarril). O sistema inmediatamente produce un informe dos recursos dispoñibles e a súa situación no mapa.

Ademais, está previsto que estes mapas cruzados cas bases de datos sexan instalados sobre equipos conectados á rede de comunicacións. Deste xeito, a aplicación incluirá unha función que permitirá ós operadores facer que o sistema envíe automaticamente un fax a tódolos organismos involucrados con só pulsares unha tecla. O sistema dará a posibilidade de alertar automaticamente vía fax ós Concellos, Protección Civil, Dirección Xeral de Tráfico e outros entes involucrados. A aplicación compleméntase cunha simulación de desbordamento e rotura de encoros.

Modificado ( 13.09.2005 )
Premio outorgado ao Mapa de Índices de Potenciais de Poboación PDF E-mail

O mapa "Índices de Potenciais de Poboación de Europa, Península Ibérica, Eurorexión Galicia-Norte de Portugal" acadou un premio no concurso de carteis da "VII Conferencia Nacional de Usuarios de ESRI" celebrado en Madrid os días 25 e 26 de novembro de 1998. Este mapa é o resultado dun proxecto levado a cabo pola Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Consellaría de Economía e Facenda da Xunta de Galicia e o CESGA.

Calculáronse os índices de potenciais de poboación das tres áreas xeográficas. A partires da poboación dos principais núcleos urbanos de Europa calcúlase o potencial para cada punto dun enreixado en ARC/INFO, a partires de ditos puntos, mediante interpolación, calcúlanse as curvas de potenciais de poboación en ArcView facendo uso do módulo Spatial Analyst.

Modificado ( 08.09.2005 )
O Workshop Gaussian 98 reúne ós Químicos Cuánticos e Computacionais no CESGA PDF E-mail
O Workshop, celebrado o pasado novembro, foi presentado polo Prof. Miguel Angel Ríos, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e presidente do consello de administración do CESGA. Os relatorios presentados polos doutores: López e Souto do CESGA, Maurizio Cossi da Universita di Napoli "Federico II", Alistair Rendell da Australian National University Supercomputing Facility (ANUSF) e Ross Nobes do Fujitsu European Center for Information Technologies (FECIT) versaron sobre as configuracións e algoritmos recomendados para obter os mellores rendementos da aplicación Gaussian 98 no VPP300 e no AP3000. Entre outros, ó Workshop asistiron investigadores do CSIC, UDC, UVI e da Universidade de Porto.
Modificado ( 26.09.2005 )
O CESGA presente no FISUM 7 PDF E-mail

O CESGA estivo presente no FISUM 7 (7ª Reunión Internacional de Usuarios de Supercomputación de Fujitsu) celebrado en Toulouse do 4 ao 6 de novembro. Todos os anos acuden a esta reunión organismos e empresas que posúen superordenadores da casa Fujitsu. Nestas xornadas de traballo, os usuarios comparten as súas experiencias cos superordenadores e expertos de Fujitsu presentan as liñas mestras dos seus proxectos de investigación e desenvolvemento no campo da supercomputación.

Esta edición do FISUM fixo especial fincapé nos sistemas de almaceamento masivo. O CESGA conta con: dous robots de discos magnetoópticos de cen Gigabytes de capacidade cada un, e cun robot de cintas LT de un Terabytes de capacidade. Ao longo das xornadas, os asistentes visitaron as instalacións de Meteo France, Centro Nacional de Meteoroloxía de Francia que, igual que o CESGA, conta cun VPP300.

Modificado ( 12.09.2005 )
Instalada no CESGA a base de datos europea de investigación matemática, "Zentralblatt MATH" PDF E-mail

O pasado mes de outubro, o CESGA, a Universidade de Santiago e os editores da "Zentralblatt fur Mathematik" acadaron un acordo polo que se regula a instalación no CESGA dun servidor da maior base de datos existente en Europa sobre artigos de investigación en Matemáticas.

O servidor de Santiago, inicialmente, dará acceso on-line á base de datos ás Universidades e Centros de Investigación de todo o Sur de Europa, e será gratuíto para os matemáticos das tres Universidades galegas. A "Zentralblatt fur Mathematik" recolle recensións de tódolos artigos ata hoxe publicados no campo da investigación matemática desde 1931.

Cada ano engádense á base uns 50.000 artigos de nova publicación. Este acordo é a culminación das negociacións que dende hai un ano viñan mantendo a Facultade de Matemáticas, e o Instituto de Matemáticas cos apoios do Vicerrectorado de Investigación de Santiago, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e o propio CESGA. A xestión da "Zentralblatt MATH" correrá a cargo do CESGA e da Universidade de Santiago.

Modificado ( 08.09.2005 )
<< << < < 91 92 93 94 95 96 97 98 99 > > >> >>

Resultados 883 - 888 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA