O día 18 de abril levouse a cabo a xuntanza previa á constitución do Foro SI-Galicia nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia. Este é un foro aberto promovido pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento dirixido a promover a extensión da Sociedade da Información e a implantación do Comercio Electrónico en Galicia. O foro conta coa participación das Universidades galegas, entidades financieiras, asociacións empresariais e diferentes Departamentos da Xunta de Galicia quedando aberto a inclusión posterior de novos membros.
Os días 26 e 27 de abril de 2001 vanse celebrar no Paraninfo da Universidade da Coruña, as "II Jornadas sobre los Aspectos Jurídicos del Comercio Electrónico", acerca de "La nueva regulación Nacional y Europea sobre el Comercio Electrónico". Este encontro, que conta coa participación de destacados expertos no tema, a nivel nacional, está organizado pola Universidade da Coruña, co patrocinio da Fundación R e a colaboración do Polo Europeo Jean Monnet, do Ilustre Colegio Provincial de Abogados da Coruña, da Cámara de Comercio da Coruña e do Capítulo Galego da Internet Society (ISOC-GAL).
O motor de procura Google (http://www.google.com/intl/gl/) acaba de ser traducido ao galego. Para cambiar o idioma do sitio, tedes que ir a "preferencias/preferences" e elixir o galego como idioma da interface. Logo debedes premer en "Salvar preferencias/Save preferences" para ver os cambios.
Google é un dos motores de procura máis utilizados en Internet, e a súa popularidade medrou enormemente nos últimos tempos. Conta con máis de 1300 millóns de páxinas indizadas e as súas respostas soen ser rápidas e axeitadas.
Aínda non están traducidas as súas páxinas de axuda ao galego, polo que podedes atopar unha traducción delas no sitio de galego21 (http://www.galego21.org/google/)