FINISTERRAE
A Xunta, o CSIC , HP e INTEL colaboran para dotar aos investigadores dunha máquina única. (+)
Zapatero anuncia a concesión de máis de sete millóns/euros para promover a investigación matemática
O nodo galego, xestionado polo Cesga e liderado polo Profesor Alfredo Bermúdez de Castro, dirixirá as accións de consultoría en España no eido das Matemáticas e terá o apoio decidido da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
O CESGA colabora na execución dun test Grid con participantes españois e iberoamericanos
O CESGA participou nas probas dunha nova aplicación Grid capaz de determinar de forma automática hipersuperficies de enerxía potencial molecular. Dita aplicación permite o tratamento de moléculas de tamaño arbitrario.
INEO analiza o software libre coma modelo de éxito empresarial
INEO, asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación, organiza unha xornada en Vigo sobre o software libre e as súas repercusións no eido empresarial.
O CESGA participa no desenvolvemento dun grid para aplicacións interactivas e paralelas
O Centro de Supercomputación de Galicia contribuirá ao perfeccionamento e á mellora da tecnoloxía grid mediante a súa participación na iniciativa europea "Interactive European Grid" (int.eu.grid). O proxecto presentouse a semana pasada nas xornadas de inicio do mesmo, celebradas no Instituto de Física de Cantabria, ás que asistiron técnicos do CESGA.