O espello da base de datos matemática Zentralblatt Math instalado no CESGA foi actualizado recentemente.
Tras esta última actualización, os usuarios poden consultar versións completas dos volumes que van do 826 ao 929.
A Zentralblatt Math é a maior base de datos existente en Europa sobre artigos de investigación en Matemáticas. O servidor do CESGA dá acceso on-line á base de datos ás Universidades e Centros de Investigación de todo o Sur de Europa, e poden acceder os investigadores en Matemáticas das tres Universidades galegas e dos centros de investigación en Galicia. A base de datos recolle recensións de todos os artigos publicados no campo da investigación matemática desde 1931.
Cada ano engádense á base uns 50.000 artigos de nova publicación. A instalación deste espello no CESGA foi posible grazas ao acordo firmado en 1998 pola editorial "Zentralblatt fur Mathematik", a Facultade de Matemáticas, e o Instituto de Matemáticas cos apoios do Vicerrectorado de Investigación de Santiago, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e o propio CESGA.
Last Updated ( 09.09.2005 )
Siga o seminario "Xestión, Seguridade e Aplicacións en Redes IP Avanzadas" dende o seu PC
O próximo 22 de febreiro celébrase no CESGA o seminario "Xestión, Seguridade e Aplicacións nas Redes IP Avanzadas". É posible seguir este seminario por medio de Real Video de xeito experimental e limitado co patrocinio de Unitronics Comunicaciones.
A transmisión deste seminario realizarase con equipos cedidos pola casa Unitronics, o martes 22 de febreiro en horario de 9:00 a 14:00h.
Para ter acceso a esta transmisión debe ter instalado no seu PC RealPlayer G2.
Dende o seu navegador conéctese a http://video.cesga.es para seguir o seminario e elixa a opción Join Meeting. Para iniciar a sesión introduza o seu nome no campo usuario.
Dado o carácter experimental desta proba e a posible utilización de anchos de banda elevados non é posible garantir o seu correcto funcionamento sen dispor dunha conexión de calidade (postos de traballo conectados a RECETGA ou RedIRIS).
Last Updated ( 13.09.2005 )
Centros de Supercomputación de Galicia, Cataluña e Andalucia aúnan forzas para mellorar a súa oferta
O CESGA, o CESCA e o CICA, os tres centros de supercomputación das tres comunidades mencionadas, firmaron hoxe 18 de febreiro un acordo de colaboración en Santiago de Compostela:
En representación da S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), firmou o Ilmo. Sr. D. Miguel Angel Ríos Fernández, presidente do Consello de Administración desta sociedade e Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
En representación do Consorci Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA) firmou o Ilmo. Sr. D. Antoni Giró i Roca, Director General de Universidades da Generalitat de Catalunya.
En representación do Centro Informático Científico de Andalucía (CICA), firmou o Sr.D. Rafael Infante Macías, Director do Centro.
Xa están dispoñibles os contidos da web do Proxecto A PONTE
* Sección "Faino ti mesmo": Ensinámosche, paso a paso, a gardar unha páxina Web no teu disco duro e tamén a marcar unha páxina como favorita. http://www.aponte.org/HD/faino.html
O CESGA conta agora cun mirror dinámico da publicación electrónica LINUX GAZETTE, realizada polos editores da prestixiosa revista LINUX JOURNAL.
Accedendo a este mirror, os lectores da Linux Gazette conectados a RECETGA experimentarán notables melloras nos tempos de consulta á publicación electrónica.