Boletín de Computación do CESGA: nº2 - Febreiro 2006
O VENRES 10 REMATA O PRAZO PARA ENVÍO DE INFORMACIÓN DE PRODUCIÓN CIENTIFÍCA EN 2005.
GRAZAS A TODOS OS USUARIOS POLO TEMPO DEDICADO A FACILITÁRENNOS INFORMACIÓN DO SEU TRABALLO.
Nova versión e actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 26 de xaneiro de 2006, instalouse a versión de novembro de 2005 e a primeira actualización do 2006 da base de datos de CSD. En total, contén 368.481 entradas na base de datos.
A Fundación CESGA convoca 6 postos de traballo para dar soporte a proxectos do Centro:
1 técnico de sistemas informáticos (Ref: Tec-SIST-INF)
2 analistas programadores (Ref: Ana-PROG )
2 técnicos de aplicacións (Ref:Tec-APLI).
1 técnico de sistemas informáticos e comunicacións (Ref: Tec-SIST-IC). (+)
O vindeiro mércores 25 realizarase unha parada de mantemento do Superordenador Superdome, polo que o sistema non estará dispoñible entre as 8:00 e as 12:00 horas.