Ferramentas de desenvolvemento de aplicacións paralelas: Debugging e análise do rendemento (12/09-16/09, 10:00 a 14:00 horas). Máis información e inscrición.
CESGA convoca a segunda CESGA Computational Science Summer School que se celebrará do 21 de xuño ao 15 de setembro de 2010. A Summer School está dirixida a xoves licenciados, enxeñeiros e investigadores que desexen formarse en técnicas de computación e novas ferramentas de cálculo científico. Ademais, a Summer School pretende mostrar os usos actuais da ciencia computacional en diversas aplicacións como Matemáticas, Biomedicina, Nanotecnoloxía, etc.
CESGA convoca a terceira "CESGA Computational Science Summer School" que se celebrará do 4 de xullo ao 30 de setembro de 2011. A Summer School está dirixida a licenciados, enxeñeiros, investigadores e programadores, tanto do ámbito académico como empresarial, que estén a desenvolver solucións de software no ámbito científico-técnico, ou que desexen mellorar a súa cualificación en ciencia computacional e desenvolver a súa carreira como programadores de aplicacións científicas ou de cálculo intensivo. Esta Summer School tamén está orientada a aqueles profesionais que desexen sacar o máximo rendemento ás novas arquitecturas de procesadores.
Os obxectivos da CESGA Computational Science Summer School 2011 (CCSSS11) son os seguintes:
Proporcionar capacitación no desenvolvemento de aplicacións científicas de cálculo intensivo.
Proporcionar capacitación na programación de aplicacións de computación paralela.
A CCSSS11 divídese nesta terceira edición en dous niveles centrados en cumprir estes dous obxectivos.
Aberto o prazo de inscrición ata o 12 de marzo do 2010 da terceira edición do curso Programación de GPUs (General Purpose Computation on Graphics Processing Unit). Data: 24, 25 e 26 de Marzo do 2010, horario de 9:30 a 14:30 da mañá. Duración: 15 horas. Lugar de celebración: Sala de Usuarios da Fundación Cesga na Avenida de Vigo s/n, Campus Sur de Santiago de
Compostela. Organiza e financia: Red G-HPC. Profesores: Emilio Padrón González e Margarita Amor López.
MEDIO AMBIENTE, PORTOS DO ESTADO E CESGA ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER MODELOS OCEANOGRÁFICOS
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou xunto co presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, e o presidente da Fundación Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Ricardo Capilla, un convenio pioneiro que sitúa a Galicia na vangarda dos estudos oceanográficos. A través desta colaboración promoveranse actividades que melloren a capacidade científica, técnica e formativa destas institucións.
O acordo permitirá abordar a posta en marcha e avaliación dun modelo oceanográfico operacional para toda a fachada atlántica europea. Ademais, posibilitará a execución dun modelo oceánico rexional para a costa atlántica española que permita prever o comportamento da circulación oceánica e o nivel do mar no período 2000- 2050 en función de diversos escenarios de cambio climático. (+)