PUBLICADO O INFORME DE UTILIZACIÓN DO SISTEMA DE XESTIÓN DE CURSOS AULA CESGA
O informe realizado en xaneiro de 2010 recolle a análise da avaliación técnica e de uso do Sistema de Xestión de Cursos Aula CESGA, o Contorno Virtual de Aprendizaxe ofrecido como servizo pola área de e-learning do CESGA. Inclúe a análise de rexistros do servidor así como os datos da enquisa realizada aos profesores e investigadores usuarios da plataforma de xestión de de cursos online Aula Cesga (http://aula.cesga.es) (+)
Actualizado ( 17.12.2010 )
INFORME DE INSTALACIÓN DO SOFTWARE DE CLOUD OPEN NEBULA
Publicado o informe de instalación e avaliación do Open Nebula, un software de cloud open-source que permite construír calquera tipo de cloud: privado, público e híbrido. OpenNebula foi deseñado para ser integrado con diferentes tipos de rede e almacenamento, para así adaptarse aos centros de datos existentes. Proporciona soporte para distintos hipervisores (Xen, KVM e VMware ESXi). (+)
Actualizado ( 17.12.2010 )
Parada programada sistema de ficheiros SFS
O próximo martes día 21, vaise realizar unha parada programada do sistema de ficheiros SFS do FT. Esta parada terá unha duración aproximada de 1 hora.
Neste tempo o SFS non estará accesible, pero si o será o FT e os datos que poida ter no seu HOME. Calquera traballo que teña que escribir no SFS quedará esperando a que sexa de novo accesible.
Desculpen as molestias.
Actualizado ( 15.12.2010 )
ICTS seminar: Analyzing the application robustness against transient faults
João Gramacho. Computer Architecture an Operating System Department, Universidad Autónoma de Barcelona.
Friday 17th December 2010, 12:30 am . CESGA's conference room