Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
276 visitantes
Total dende 21-12-05: 73828205 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Forte aposta de Toyota pola última xeración de sistemas vectoriais de Fujitsu PDF E-mail
Fujitsu instala na Toyota Motor Corp. o sistema de supercomputación de maior potencia ata hoxe presente nunha compañía privada.

A casa Toyota espera obter significativas reduccións no tempo de desenvolvemento de novos modelos de vehículos gracias a capacidade de cálculo aportada polo servidor VPP5000 recén instalado.

O VPP5000 mercado por Toyota é o supercomputador vectorial máis potente do mundo instalado nunha empresa privada. O VPP foi instalado a principios deste mes de marzo e entrará en explotación antes do remate do mes.

O sistema instalado na Toyota conta con 30 procesadores vectoriais e cunha potencia pico teórica de 288 gigaflops (GFLOPS). O sistema conta ademáis con 320 gigabytes de memoria.

Fujitsu conta no seu haber con máis de 400 sistemas de supercomputación vendidos en todo o mundo. Estes sistemas están sendo empregados nas industrias farmaceuticas, de automoción, de maquinaria eléctrica e pesada, así como polas grandes constructoras, universidades e centros de investigación.

A serie VPP5000 de superordenadores Fujitsu ten una potencia pico de 9.6 gigaflops por procesador, e é o procesador CMOS máis rápido hoxe dispoñible no mercado. Esta serie conta cunha escalabilidade de ata 512 procesadores, e unha potencia pico teórica de 4.9 teraflops (TFLOPS).

Para coñecer máis detalles acerca destes sistemas asómese á web de Fujitsu.
Simposio Español de Informática Distribuída PDF E-mail

Do vindeiro 25 ao 27 de Setembro celebrarase en Ourense o Simposio Español de Informática Distribuída (SEID 2000).

Este Simposio toma o relevo do celebrado o pasado ano en Santiago de Compostela (SEID 99) e pretende constituír un foro de debate no que os grupos de investigación en eidos relacionados coa computación distribuída poidan compartir experiencias, divulgar resultados e establecer un marco propicio á colaboración entre os investigadores das diferentes institucións.

No SEID trataranse os seguintes temas: aplicacións en Internet, sistemas multiaxente, bases de datos distribuídas, enxeñaría de software distribuído, redes de computadores, sistemas de computación distribuídos, sistemas en tempo real distribuídos, sistemas operativos distribuídos, aplicacións da informática distribuída (comercio, medicina, educación, industria), etc.

Aplicacións da Informática Distribuida: Comercio, medicina, educación, industria...

O SEID está organizado polo Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Vigo en colaboración con diversas institucións públicas e privadas.

Convidámolo a participar. Consulte a páxina web do SEID 2000.

Last Updated ( 13.09.2005 )
SGI vende Cray a Terra Computer Co. PDF E-mail
SGI anunciou a principios deste mes de marzo a venta a rama de negocio de superordenadores vectoriais CRAY. A transacción permitirá a SGI concentra-los seus recursos, tecnoloxía e futuras plataformas para reforza-la súa actual aposta polas arquitecturas NUMA escalables.

Esta venta permitirá a TERA COMPUTER centrarse no desenvolvemento de tecnoloxías vectoriais e multithreading e a SGI innovar nas tecnoloxías modulares escalables NUMA.
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no Futuro da Atención Primaria de Saúde PDF E-mail
Do vindeiro 5 ao 7 de Abril celebrarase en Madrid o congreso INFORS@LUDNET 2000 no que se presentarán os últimos avances e experiencias na aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións aplicadas ós servicios de saúde de atención primaria.

Entre outras, celebraranse sesións dedicadas a Saúde na Rede, A Construción da Rede Global Sanitaria, A Promoción da Saúde e o control do Consumo en Internet, A Busca de Información Sanitaria en Internet, Imaxes Médicas, Aplicacións Biomédicas, A Colaboración entre Centros Sanitarios, Os Proxectos no Sistema Nacional de Saúde, A Seguridade, Dispoñibilidade e Calidade da Información Sanitaria en Internet, Os Servicios Sanitarios na Rede, A Teleasistencia e a Sociedade Global da Información, etc..
Last Updated ( 13.09.2005 )
Normativa referente á nova Lei de Protección de Datos PDF E-mail
A Lei Organica 15/1999 ten por obxecto garantir e protexer, no tocante ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente o seu honor e intimidade persoal e familiar.

Esta Lei aplicarase tanto aos arquivos públicos como aos privados que conteñan datos de carácter persoal.

Considéranse "Datos de Carácter Persoal": calquera información concerniente a persoas físicas identificadas ou identificables.

Considerase "Arquivo": Todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que fose a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso.

Entre outras, esta Lei obriga a todas as persoas físicas ou xurídicas que produzan ou manteñan arquivos con datos de carácter persoal a (1) notificar en tempo e forma á AGENCIA DE PROTECCIÓN DE DATOS e (2) a ter definidos e implantados unha serie de protocolos e normas que velen pola seguridade e proteción destes arquivos.

Dependendo do tipo de información contida nos arquivos, a lei establece tres tipos de protocolos e normas no referente a NIVEIS DE PROTECCIÓN DOS DATOS. A Lei establece un nivel básico de protección e a obriga de notificación para todos os arquivos que conteñan datos persoais. A lei tamén establece niveis especiais de protección (nivel medio e alto) para arquivos que conteñan información persoal referente a: ideoloxía, afiliación sindical, relixión, creencias, orixe racial, saúde ou vida sexual.

Se vostede ou a súa organización manteñen arquivos con datos de tipo persoal recomendámoslle encarecidamente que visite o URL da devandita axencia estatal (http://www.ag-protecciondatos.es/ )
Last Updated ( 12.09.2005 )
<< Start < Prev 91 92 93 94 95 96 97 98 99 Next > End >>

Results 811 - 819 of 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA