Presentación dunha ferramenta para a investigación e xestión do Patrimonio Cultural
O CESGA presentou no SIPAC (Salón Internacional do Patrimonio Cultural) unha ferramenta informática para a xestión integral do patrimonio cultural.
Trátase dunha aplicación informática que emprega técnicas GIS (Geographic Information System) e integra datos cartográficos (mapas en formato dixital) e datos alfanuméricos (bases de datos). Esta ferramenta vense aplicando en múltiples campos de xeito eficiente (como evolución de colleitas, xestión de transportes, planificación de rutas de servicios de emerxencia por mentar algunhas). O CESGA realizou unha intenso labor de avaliación e adaptación desta ferramenta para obter-las mellores prestacións no campo da investigación e xestión do patrimonio cultural en Galicia. Este labor de avaliación e adaptación xunto coas bases de datos cartográficas existentes conforman unha ferramenta que facilita e axiliza a investigación e xestión do patrimonio cultural.
A partir de finais do mes de setembro, os centros galegos participantes no proxecto A PONTE terán conta de correo electrónico proporcionada polo CESGA. Esta iniciativa permitiralles aos centros comunicarse entre eles e con outros de todo o mundo, así como a realización de parte da experiencia pedagóxica de A PONTE que comezará a primeiros de outubro.
A PONTE en Inforensino 1999
INFORENSINO 1999, a feira da informática, as comunicacións, multimedia e redes aplicadas ao ensino, celebrarase os días 10, 11, 12 e 13 de setembro en Lugo. A PONTE participará activamente nesta feira cunha conferencia impartida polo director do CESGA, Javier García Tobío, na que se explicarán os obxectivos e o estado actual do proxecto. A asistencia é gratuita para todo o profesorado previamente matriculado e admitido. Entregarase unha certificación de 16 horas.
A web de A PONTE estrea a sección "Faino ti mesmo"
Estreamos a sección "Faino ti mesmo". Nela pódese acceder a diferentes trucos e consellos sobre as TIC que iremos actualizando e construíndo ao longo do proxecto. http://www.aponte.org/HD/faino.html
Comezan as experiencias pedagóxicas A Ponte nos Centros de Ensino
Comezan as experiencias pedagóxicas. O día 8 de outubro celebrarase no CESGA unha importante reunión de traballo cos centros galegos participantes no proxecto. Nela explicarase cales son os obxectivos a cubrir e o papel dos centros durante a duración da experiencia.