O proxecto Panel Project permite que, dende o mércores 15 ata o sábado 18 de novembro, persoas de todo o mundo respondan a unha ampla enquisa sobre o que significa ser, un ser humano no comezo do milenio. Nesta enquisa trátase de contrastar as diferencias entre as distintas culturas e facer un debuxo da sociedade mundial.
Outra versión deste proxecto é "Voz Estudiantil" con preguntas formuladas polo Panel Internacional de la Juventud, formado por xóvenes de diferentes partes do mundo.
Enquisa na rede sobre a poboación mundial

Linguaxe de Modelado de Realidade Virtual "Computer graphics and the web in Art History"
Como resultado dunha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Investigación da Xunta de Galicia coa colaboración do CESGA e a Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela o Doutor Michael Greenhalgh do departamento de Historia da Arte e Estudios Visuais da Universidade de Australia impartirá unha conferencia e un seminario en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de novembro.
No mesmo acto de presentación do anuario o Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Presidente do CESGA, Miguel Angel Ríos e a Coordinadora Institucional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Galicia, Mª Cruz Mato, entregaron os Premios á Excelencia en Supercomputación. Estos premios teñen como principal obxectivo recoñecer o esforzo, dedicación, imaxinación e bo facer técnico dos investigadores no uso dos recursos de cálculo intensivo instalados no CESGA.