Título:"Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento"
Lugar: Sala de presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Data: Venres 24
Hora: 12:00 a.m.
Relator: Iván Conde Leborán
Sinopse:
O investigador da USC Iván Conde Leborán ofrecerá un seminario público titulado "Estudo da separación de fases cuánticas para transicións metal-illante combinando técnicas ab-initio, analíticas e experimento". Este seminario forma parte da serie de seminarios públicos que se realizan durante as estancias otorgadas no marco da convocatoria de accesos a ICTS-CESGA para o 2010 e financiadas polo MICINN (referencia ICTS-2009-40).
A UNIVERSIDADE DA CORUÑA IMPARTIRÁ O PRIMEIRO MÁSTER EN XERONTOLOXÍA 2010-2012
Para dar resposta á demanda de profesionais que o envellecemento da poboación require, a Universidade da Coruña impartirá este curso 2010-2012 un novo Máster en Xerontoloxía que ofrece aos seus alumnos unha saída profesional especializada nun sector de enorme desenvolvemento. Este máster inclúese dentro do Posgrao Oficial en Xerontoloxía, que ofrece tres especialidades: o Máster en Xerontoloxía Clínica, con título outorgado pola UDC, o Máster en Xerontoloxía Social, outorgado pola USC e o Máster en Xerontoloxía con titulo outorgado por ambas as dúas universidades galegas. (+)
Last Updated ( 20.09.2010 )
Simulación computacional do entrelazamento da materia cuántica condensada
Roger Melko, investigador do Dep. de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, presenta o traballo realizado recentemente en colaboración con investigadores do CESGA.
Os teóricos da materia condensada están comezando a explotar as propiedades do entrelazamento como recurso para o estudo dos materiais cuánticos. Na seguinte conferencia Melko mostra os recentes descubrimentos no cálculo da entropía do entrelazamento en dous e máis dimensións, utilizando técnicas Monte Carlo de simulación cuántica avanzada.
Ver aquí o vídeo: (+)
Actualizado ( 16.09.2010 )
ACORDO DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA ENTRE O CESGA E EMPRESAS INTERNACIONAIS DO SECTOR INFORMÁTICO
O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, asinou un acordo de transferencia de tecnoloxía con destacadas compañías internacionais do sector informático. O prototipo, que se comercializará co nome de elasticLM, é o resultado final do Proxecto SmartLM, financiado polo VII Programa Marco da Unión Europea que ten como obxectivo elaborar mecanismos de xestión e uso de licenzas de software dun xeito máis eficiente e flexible. O resultado se espera que teña un importante impacto en empresas e institucións xa que os novos modelos de licenza máis alcanzables lles permitirán reducir o investimento, aumentando así a súa competitividade. (+)