XORNADAS DE CONSULTA MATEMÁTICA PARA EMPRESAS E INSTITUCIóNS. I-Math 2008-2011
Matemáticos de varias universidades españolas buscarán solucións a problemas reais expostos polas empresas
Santiago, 12/02/08.- Continúan hoxe na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela as Xornadas de Consulta Matemática para Empresas e Institucións. i-MATH 2008-2011, organizadas polo Nodo CESGA do proxecto ENXEñO MATHEMATICA e a REDE MATHEMATICA CONSULTING & COMPUTING de Galicia, e que se clausuran mañá mércores 13 de febreiro coa presentación das conclusións dos diferentes grupos de traballo ás empresas participantes.