Sistemas de Xestión da Aprendizaxe ou Learning Management System (LMS).
Os Sistemas de Xestión da Aprendizaxe reciben múltiples denominacións, entre elas podémonos encontrar con Plataformas de Teleformación, Entornos Virtuais de Ensino-Aprendizaxe (EVE-A), Sistemas Telemáticos de Teleformación, etc.
Trátase de ferramentas integradas que se utilizan para a creación, xestión e distribución de actividades formativas a través da Web . É dicir, son aplicacións que facilitan a creación de entornos de ensino-aprendizaxe, integrando materiais didácticos e ferramentas de comunicación, colaboración e xestión educativas.
Neste apartado ofrecemos ligazóns a listados elaborados por diferentes institucións sobre Plataformas de Teleformación. Ademáis tamén proporcionamos ligazóns a estudios comparativos sobre estas ferramentas en cuestión, para que vostede mesmo, segundo o seu criterio particular, poida decidir cal é a plataforma que mellor se adecúa ós seus requisitos de formación, necesidades educativas dos usuarios/as e á realidade propia do entorno no que se encontra.
Listados de Sistemas de Xestión da Aprendizaxe
GATE: Gabinete de Teleeducación de la Universidad Politécnica de Madrid.