Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
A actualización da base de datos do CSD (Cambridge Structural Database) correspondente a agosto de 2005 atópase instalada no CESGA dende o pasado día 17. Esta actualización contén 7304 novas estruturas. Deste xeito, son xa 355.067 as entradas dispoñibles no CSD.
Baseada en Radioenlaces SDH a 155 Mbps e Fibra Óptica a 1 Gbps e 155 Mbps.
En casos puntuais enlaces RDSI ou Wireless/wimax.
Conmutadores ASX200, e ENTERASYS XP-2400, Juniper M10 ou switches gigabit ethernet.
Xestión de Rede
Baseada en desenvolvementos propios.
Conexión a RedIRIS
Cinco liñas a 2,5 Gbps.
Rede interna CESGA
Core de rede 1 e 10 Gbps
Acceso de equipos a 1 Gbps ou 100Mbps según necesidade
Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia
Coa instalación en 1993 do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela ponse en funcionamento en Galicia unha rede de interconexión entre os 7 campus universitarios presentes na comunidade. O CESGA será a entidade encargada de velar pola xestión desta rede e o responsable último da súa expansión en Galicia. Esta rede, que desde o seu nacemento non parou de crecer tanto en ancho de banda como en número de centros conectados, denomínase Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA).
O día 30 de abril de 2003 instalouse a actualización correspondente a abril de 2003 da base de datos CSD. Esta actualización contén 8.385 novas entradas na base de datos e inclúese automaticamente nas buscas, sen necesidade de activala.