Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
6565 visitantes
Total dende 21-12-05: 74024245 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Workshops de introdución a Gaussian 98 PDF E-mail
Gaussian, Inc. anunciou esta semana a celebración de dous Workshops "INTRODUCTION TO GAUSSIAN: THEORY AND PRACTICE" que se celebrarán o vindeiro outono no CESCA en Barcelona e nas instalacións de Compaq Japón en Tokio.
A continuación presentamos o texto orixinal do anuncio enviado por Gaussian, Inc.
Actualizado ( 26.09.2005 )
(+)
Curso de formación GIS Arcview 3.1. PDF E-mail
Do 28 de febreiro ao 3 de marzo do 2000 celebrarase no CESGA un curso de formación práctica no emprego do paquete Arcview 3.1 de Sistemas de Información Geográfica. Atopará información detallada acerca dos contidos e a inscrición neste curso en http://www.cesga.es/Cursos/index.html
Actualizado ( 26.09.2005 )
Curso de formación Génesis PDF E-mail
A Kettering University e a casa VR&D ofrecen un curso de formación no emprego de ferramentas software para optimización de deseño (GENESIS, VisualDOC e DOT). http://www.vrand.com/course.htm    

O curso, que será impartido polos mesmos profesionais que desenvolveron estes programas, está pensado para aqueles con interese nas tecnoloxías e software relacionado coa optimización de deseño. Celebrarase do 21 ao 24 de marzo na Kettering University, Flint, Michigan.

O paquete GENESIS (http://www.cesga.es/ga/CalcIntensivo/Aplicacions.html) atópase instalado e dispoñible para os usuarios nos equipos do CESGA. Se desexa facer uso desta aplicación e non ten unha conta de usuario, responda a este mail e solicite apertura de conta nos servidores de cálculo do CESGA.
Actualizado ( 26.09.2005 )
O CESGA preparado para o paso ao ano 2000 PDF E-mail
Ao longo deste ano, o CESGA realizou análises e consultas e tomou todas as medidas e accións necesarias para que os seus equipos pasen ao ano 2000 sen incidencia algunha.

Sen embargo, e como medida complementaria para garantir o correcto funcionamento dos equipos, a partir das 18:00 horas do día 31 de decembro (as 4 da madrugada do día 1de xaneiro do 2000 en Australia) recibirase no CESGA un primeiro informe das incidencias non previstas que se poidan producir sobre superodenadores de arquitecturas homólogas ás dos equipos instalados no CESGA. Este informe será enviado desde un centro de supercomputación en Sydney e, no caso de producirse algunha incidencia, permitiralles aos técnicos do CESGA tomar as medidas que correspondan.

O vindeiro día 31, o CESGA disporá de personal técnico nas súas instalacións desde as 23:30 h. para confirmar o correcto funcionamento de todos os equipos.
Actualizado ( 13.09.2005 )
Instalada a actualización da Cambridge Structural Database PDF E-mail

A actualización da Cambridge Structural Database, base de datos de estruturas químicas que inclúen tamén o Protein data Bank, está dende hoxe a disposición dos usuarios do CESGA xunto cos manuais vía web.

A licencia instalada no CESGA foi cedida polo CSIC, para a súa utilización polos usuarios do CESGA.

Para máis información sobre a CSD e o acceso ós manuais consulte Programas:CSD

Modificado ( 09.09.2005 )
<< << < < 91 92 93 94 95 96 97 98 99 > > >> >>

Resultados 829 - 837 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA