Comprobouse o correcto funcionamento da aplicación Gaussian 98 instalada no Cluster SVG. No SVG só é posible executar esta aplicación en batch.
Modificado ( 12.09.2005 )
Ampliación do sistema de almacenamento
Recentemente procedeuse á ampliacion da capacidade do sistema de almacenamento, mediante a incorporacion de 70 novas cintas 9840, polo que a capacidade total do sistema é de 15 Terabytes con compresión 2:1 (7,5 Terabytes sen compresión). Tamén procedeuse a ampliar a memoria do sistema de xestión de almacenamento ata 1,7 GB coa finalidade de mellorar a velocidade e capacidade de procesamento.
O CESGA Actualiza seus Rercursos de Cálculo Científico cun Compaq HPC320 e un Cluster Beowulf
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) adquiriu novos servidores de supercomputación que incrementarán en 80 Gflop/s a súa potencia pico de cálculo. As novas adquisicións son un sistema HPC320 formado por oito nodos ES45 con catro procesadores Alpha a 1 GHz cada un, e un Cluster Beowulf con 16 procesadores Pentium III. Segundo o director do CESGA, Javier García Tobío, o HPC320 permitirá dar resposta ás crecentes necesidades de cálculo dos principais usuarios dos centros de investigación da Xunta de Galicia, das universidades galegas e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). O CESGA proporciona servicios de cálculo de altas prestacións a investigadores en áreas como a química, as matemáticas, a bioinformática e a predicción meteorolóxica.
O Centro de Competencias comeza o programa de formación en Comercio Electrónico para PEMES galegas
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia comenza en maio o programa de formación en comercio electrónico e Internet dirixido ás PEMES galegas. Trátase dun ambicioso proxecto que ten carácter gratuíto e aberto para todos os empresarios e personal das empresas galegas, e que tamén está apoiado por institucións como Caixa Galicia, Caixanova, os Centros Multimedia de Galicia, as Cámaras de Comercio e a Fundación Universidad Empresa Gallega (FEUGA), entre outros.
O colectivo formado polas persoas maiores leva xa tempo contando con medidas específicas para achegarse ás novas tecnoloxías da información e das comunicacións. As condicións do seu acceso a este ámbito están marcadas por unha serie de necesidades e barreiras que están a ser estudiadas de cara á posta en marcha do primeiro portal en Internet de Galicia deseñado especificamente para os maiores.