O programa arranca, de novo este ano, o vindeiro 6 de novembro cun seminario de "Introducción á Programación dos Superordenadores" e se completa coa celebración dos cursos:
Ás 11:30 produciuse un corte no circuito de Telefónica que enlaza RECETGA con RedIris. Telefónica está tentando resolver o problema, namentres estase a usar a liña de backup, coa conseguinte degradación no servicio.
Ás 12:50 RedIris confirma que se trata dun corte físico da fibra e que Telefónica non pode prover un camiño alternativo.
Ás 13:05 Telefónica recupera unha das fibras e restablécese o servicio.
Créase en Galicia o Centro de Competencias de Comercio Electrónico
O Proxecto e-MINDER arranca co apoio da Unión Europea para a creación do Centro de Competencias de Comercio Electrónico, que centrará os seus esforzos en axudarlles ás PEMES na adopción de procesos de negocio electrónico coa fin de achegarlles vantaxes competitivas nuns mercados que se tornan vertixinosamente máis esixentes a medida que se internacionalizan. O Cesga lidera a posta en funcionamento deste centro, que conta ademais co apoio do Foro SI-Galicia.
Instalouse nos servidores HPC 4500 y AP 3000 do CESGA a aplicación GeneHunter. Esta aplicación dá solución a problemas de optimización que utilizan as metodoloxías máis avanzadas de algoritmia xenética (multipoint analysis of pedigree data including: non-parametric linkage analysis, LOD-score computation, information-content mapping, haplotype reconstruction).