Nova actualización da Cambridge Structural Database (CSD)
O día 13 de Febreiro de 2009, instalouse a actualización de Febreiro de 2009 da base de datos do CSD, contendo 9005 novas estruturas, o que supón un total de 472.200 entradas na base de datos.
Conferencia: Simulation of statistical variability in NanoCMOS devices
A conferencia terá lugar o próximo día 11 de febreiro no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela ás 10:30 horas, correra a cargo do Profesor Asen Asenov
Na conferencia tratarase o uso estatístico da variabilidade dos dispositivos CMOS nanométricos có uso de diversas técnicas númericas en HPC e HTC.
Para mais información: http://www.ac.usc.es/cde09/es
Modificado ( 10.02.2009 )
2 Postos de Traballo de Técnico Superior de Sistemas (2TS-TM-sis-09)
O día 3 de febreiro de 2009, instalouse a versión 2008 da suite Schrödinger.
O Software de Schrödinger é unha suite de programas comerciais para a realización de diversos estudios de modelización e simulación molecular, especialmente aplicable ao estudo de biomoléculas, aínda tamén ten potencial aplicación a outras disciplinas (nanomateriais, moléculas orgánicas).
A Rede Galega de Bioinformática (RGB) adquiríu unha serie de licencias, que pon a dispor da comunidade investigadora adscrita a algunha das institucións públicas galegas. A instalación do software e a xestión das licencias será xestionada a través do Centro de Supercomputación de Galicia – CESGA.