Conferencia: "La Gobernanza de Internet: IGF Spain"
Ciclo de Conferencias ISOC. Mércores, 18 de febreiro do 2010 as 18:00 horas.
Título: "La Gobernanza de Internet: IGF Spain" Máis información
Modificado ( 15.02.2010 )
A USC convoca unha praza de Xestor de Valorización Tecnolóxica
A Universidade de Santiago de Compostela convoca unha praza de Xestor de Valorización Tecnolóxica, para definir estratexias de valorización dos resultados científicos obtidos polos grupos de investigación do Proxecto Consolider i-MATH. Máis información , PDF
Modificado ( 08.02.2010 )
Parada programada do Finis Terrae
Debido a un problema no sistema de arquivos que estamos arranxando nestes momentos non é posible conectarse ao Finis Terrae. Esperamos restablecer a conexión antes das 16:00 da tarde.
Ibergrid'2010, do 24 ao 27 de Maio en Braga (Portugal)
IBERGRID'2010 celebrarase en Braga (Portugal) os días 24 ao 27 de Maio de 2010. IBERGRID2010 será a cuarta edición das series de Conferencias da Iberian Grid Infrastructure desde que comezaron en 2007 no marco do acordo bilateral entre Ciencia e Tecnoloxía asinado en 2005 por España e Portugal.
INFORME TÉCNICO: MEMORIA XERÁRQUICA E MAPPING DO FINIS TERRAE
Informe técnico sobre a influencia da arquitectura do Finis Terrae no seu rendemento. Inclúe unha descrición dos Procesadores Itanium2 Montvale e métodos para identificar a CPU, así como descrición dos mecanismos de coherencia de memoria dun nodo de Finis Terrae.
O informe completo está dispoñible aquí.