III Congreso Online do Observatorio para a Cibersociedade
Remata o prazo de presentación de comunicacións o día 6 de novembro ó III Congreso Online do Observatorio para a Cibersociedade, que nesta ocasión leva por título "Coñecemento Aberto, Sociedade Libre",
II Xornadas Científico-Técnicas en Servizos Web (JSWEB´06)
Esta segunda edición das xornadas persegue establecer un punto de referencia para profesionais, empresas e investigadores interesados no uso e a adopción da plataforma de servizos Web e das arquitecturas orientadas a servizo (SOA) no contorno académico ou industrial.
As Xornadas celebraranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Universidade de Santiago de Compostela o 16 e 17 de Novembro de 2006.
Información completa acerca do programa e que debe facer para asistir en http://www-gsi.dec.usc.es/jsweb06
Last Updated ( 03.11.2006 )
Premio á innovación empresarial Gerardo García Campos
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia convoca o premio “Gerardo García Campos” á mellor iniciativa empresarial no sector TIC 2006, patrocinado pola FUNDACIÓN ENXEÑEIRO GERARDO GARCÍA CAMPOS.
O proxecto Discognitios posibilita a telerehabilitación de persoas maiores
O Centro de Supercomputación de Galicia, xunto co Grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña, veñen de crear unha aplicación informática para a telerehabilitación cognitiva de persoas maiores.