O Foro SI-Galicia Impulsa a Creación dun Punto Neutro de Internet
Unha das demandas máis extendidas entre os internautas é a rapidez e a eficacia dos envíos de información a través de internet. O Foro SI-Galicia está a impulsa-la creación dun punto neutro, o GALNIX, para que as comunicacións electrónicas entre dous puntos dentro da Comunidade non teñan que facer longos percorridos e para que as redes principais non se saturen.
Demostración das prestacións do INSIGHTII e CERIUS II para o deseño de fármacos
O deseño de ligandos de proteínas (acompañados polas súas sínteses e caracterización biolóxica) é un dos obxetivos das ciencias proteómicas, dada a súa utilidade para estudar a diferenciación das funcións de proteínas. Así por exemplo, utilízanse moléculas pequenas (por exemplo, inhibidores) para suprimir a actividade dalgunhas proteínas, permitindo deste xeito un estudio da diferenciación das funcións proteicas nun organismo.
A sinatura ACCELRYS fará unha demostración das prestacións dos programas INSIGHTII Y CERIUS II para o deseño de fármacos dirixido a investigadores de Galicia e o norte de Portugal.
O seminario impartirase no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) os días 14 e 15 de Xaneiro, 2002. O horario do curso será de 10:00h. a 14:00h. da mañá e de 16:00h. a 18:00h. do serán.
O curso terá un aforo de 30 persoas que será cuberto por orde de inscición.
Para máis información sobre contidos e suscricións, consulte a nosa sección de cursos.
Procedeuse a cambiar a versión de produción de MATLAB. Así, pásase de empregar a versión 6.12 a empregar a 6.12.1. A anterior versión pódese acceder cambiando o path do seguinte modo:
export PATH=/opt/cesga/matlab6.12/bin
ou executando directamente /opt/cesga/matlab6.12/bin/matlab.
Oferta de emprego do CESCA
O Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA) ten aberta unha convocatoria de prazas ata o día 31 de decembro de 2001. O CESCA busca cubrir dúas prazas: unha de técnico de sistemas e outra de técnico de promoción. A continuación reproducimo-lo detalle da oferta de emprego tal e como se presenta no sitio web do CESCA (www.cesca.es) no que poden atopar información acerca da actividade que desenvolve este centro de supercomputación.