Gaussian, Inc. anunciou esta semana a celebración de dous Workshops "INTRODUCTION TO GAUSSIAN: THEORY AND PRACTICE" que se celebrarán o vindeiro outono no CESCA en Barcelona e nas instalacións de Compaq Japón en Tokio.
A continuación presentamos o texto orixinal do anuncio enviado por Gaussian, Inc.
Do 28 de febreiro ao 3 de marzo do 2000 celebrarase no CESGA un curso de formación práctica no emprego do paquete Arcview 3.1 de Sistemas de Información Geográfica. Atopará información detallada acerca dos contidos e a inscrición neste curso en http://www.cesga.es/Cursos/index.html
Actualizado ( 26.09.2005 )
Curso de formación Génesis
A Kettering University e a casa VR&D ofrecen un curso de formación no emprego de ferramentas software para optimización de deseño (GENESIS, VisualDOC e DOT). http://www.vrand.com/course.htm
O curso, que será impartido polos mesmos profesionais que desenvolveron estes programas, está pensado para aqueles con interese nas tecnoloxías e software relacionado coa optimización de deseño. Celebrarase do 21 ao 24 de marzo na Kettering University, Flint, Michigan.
O paquete GENESIS (http://www.cesga.es/ga/CalcIntensivo/Aplicacions.html) atópase instalado e dispoñible para os usuarios nos equipos do CESGA. Se desexa facer uso desta aplicación e non ten unha conta de usuario, responda a este mail e solicite apertura de conta nos servidores de cálculo do CESGA.
Modificado ( 26.09.2005 )
O CESGA preparado para o paso ao ano 2000
Ao longo deste ano, o CESGA realizou análises e consultas e tomou todas as medidas e accións necesarias para que os seus equipos pasen ao ano 2000 sen incidencia algunha.
Sen embargo, e como medida complementaria para garantir o correcto funcionamento dos equipos, a partir das 18:00 horas do día 31 de decembro (as 4 da madrugada do día 1de xaneiro do 2000 en Australia) recibirase no CESGA un primeiro informe das incidencias non previstas que se poidan producir sobre superodenadores de arquitecturas homólogas ás dos equipos instalados no CESGA. Este informe será enviado desde un centro de supercomputación en Sydney e, no caso de producirse algunha incidencia, permitiralles aos técnicos do CESGA tomar as medidas que correspondan.
O vindeiro día 31, o CESGA disporá de personal técnico nas súas instalacións desde as 23:30 h. para confirmar o correcto funcionamento de todos os equipos.
Actualizado ( 13.09.2005 )
Instalada a actualización da Cambridge Structural Database
A actualización da Cambridge Structural Database, base de datos de estruturas químicas que inclúen tamén o Protein data Bank, está dende hoxe a disposición dos usuarios do CESGA xunto cos manuais vía web.
A licencia instalada no CESGA foi cedida polo CSIC, para a súa utilización polos usuarios do CESGA.
Para máis información sobre a CSD e o acceso ós manuais consulte Programas:CSD