Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
1844 visitantes
Total dende 21-12-05: 74309927 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CONFERENCIA NO CESGA PDF E-mail
O próximo venres 30 de Xullo, ás 12:00 horas, no Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, Eva García Llorente, investigadora da Facultade de Matemáticas da Universidade de La Laguna, Tenerife, impartirá a conferencia: "Ideais monomiales: algoritmos básicos e descomposicións".

Resumo ponencia:
No anel de polinomios en n indeterminados con coeficientes nun corpo, os ideais monomiais son os ideais de dito anel que están xerados por monomios. O obxectivo é presentar a librería monomial.lib, implementada en singular e que está deseñada para realizar cálculos específicos con ideais monomiais. Vanse explicar os algoritmos de forma teórica, mostrando a súa vez un exemplo de cómo usar a correspondente función da mencionada librería.
Actualizado ( 29.07.2010 )
Soporte Desenvolvemento PDF E-mail
Defínese o servizo de Soporte ao Desenvolvemento como un servizo de axuda ao desenvolvemento de software de usuario. O servizo comprende axuda e colaboración en programación en diversas linguaxes, optimización de código existente así como axuda á implementación de solucións que combinen diversas tecnoloxías computacionais.

Este servizo é levado a cabo mediante o desenvolvemento de proxectos de 4 meses máximo con estreita colaboración do usuario e orixinados por unha solicitude de servizo proveniente deste.

Solicitud de servicio
Pode solicitar este servizo é necesario pertencer ao sistema universitario galego (SUG) ou ao CSIC, ou participar en actividades de I+D+i co CESGA.

É condición indispensable do servizo a aceptación a reportar por parte do usuario todas as publicacións derivadas da solución desenvolvida durante o proxecto nos 2 anos seguintes á finalización do proxecto así como incluír nelas o correspondente agradecemento ao CESGA. Así mesmo toda publicación directamente derivada do desenvolvemento da solución debe incluír como autores aos técnicos involucrados no proxecto.

Para a súa solicitude por favor remita o seguinte formulario debidamente cuberto a aplicacions@cesga.es
Actualizado ( 28.07.2010 )
CURSOS DE FORMACIÓN EN COMPUTACIÓN DE FCSCL PDF E-mail
La Fundación Centro de Supercomputación de Castilla y León (FCSCL),organiza los cursos de otoño:
- Curso de Formación en Programación Open MP. Del 22 al 24 de Septiembre
- Curso de Programación Paralela con MPI - Message Passing Interface. Del 13 al 15 de Octubre.
- Curso de Formación CUDA: Programación basada en librerías especiales, (Servidores GPU_ graphical processing units). Del 17 al 19 de Noviembre
Los cursos están destinados a todos aquellos que trabajen con aplicaciones informáticas en el desarrollo de su labores profesionales, investigadores, profesionales del sector de las TIC , alumnos universitarios (titulaciones técnicas, del ámbito experimental y/o económico), y, en general, cualquier persona afín a la temática tanto en la dimensión de la investigación, como de la innovación y el desarrollo.
(+)
Actualizado ( 22.07.2010 )
Consulte xa o Dixitos de Xullo 2010 PDF E-mail
Xa está na rúa o novo número impreso da revista que recolle as novas máis significativas da actividade do Centro e da súa comunidade de usuarios.
Manteñase informado sobre os proxectos, eventos, accións de formación e liñas de investigación vivas no CESGA.
Ver o novo número
Actualizado ( 13.07.2010 )
Silicon Valley financia un proxecto tecnolóxico do CESGA a desenvolver en Boqueixón-Vedra PDF E-mail
No mes de xuño, HP Labs, a división de I+D de Hewlett-Packard en Palo Alto, California, aprobou tres proxectos na área de tecnoloxía cloud (en nube) e educación presentadas a nivel mundial. Unha destas propostas foi presentada desde as áreas de e-Learning e Sistemas do Centro de Supercomputación de Galicia, orientada a avaliar unha solución baseada en tecnoloxías cloud para proporcionar servizos de colaboración e aprendizaxe online ás redes de Centros Rurais Agrupados. As outras dúas propostas seleccionadas ,e que contarán con financiamento de HP Labs, foron realizadas por unha universidade norteamericana, e por unha universidade de Taiwan.
(+)
Actualizado ( 07.07.2010 )
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Resultados 127 - 135 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA