Debido aos problemas eléctricos ocasionados polo temporal acaecido na pasada noite, algúns dos servizos do CESGA non están a funcionar correctamente.
O persoal técnico do Centro está a traballar, actualmente, na solución destas eivas, que esperan poder ser resoltas no menor espazo de tempo posible. Ata que estes servizos non volten funcionar ao 100% do seu rendemento, rogamos desculpen as molestias que poidan chegar a ocasionar.
Last Updated ( 05.12.2005 )
Dispoñible o compilador UPC no SVG
Está a disposicion dos usuarios do CESGA o compilador UPC (Unified Parallel C) de GNU.
O servidor de cartografía GIS do CESGA crea e serve mapas dinámicos en Internet. Estes mapas están xeoreferenciados e ademais de visualizalos pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom ou consultar información de base de datos asociada. O usuario pode acceder a esta información dende o seu navegador habitual, requírese Netscape ou MS Internet Explorer versión 4 ou superior