O CESGA desenvolve diversos proxectos relacionados coa tecnoloxía GIS, incluíndo aqueles relacionados co transporte e o Medio Ambiente, e participa en iniciativas investigadoras no sector na comunidade galega
Dende os seguintes enlaces pode descargar os documentos (.pdf) coas especificacións técnicas dos servidores de computación de altas prestacións que estiveron instalados no CESGA:
Área de e-Business - Centro de Competencias en Comercio Electrónico
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico xorde como resultado do proxecto europeo e-MINDER. Trátase dun proxecto pertencente ao programa IST (Information Society Technologies) que foi promovido, en Galicia, polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Nel participaron outros oito socios de España, Polonia e Chipre. O proxecto centrábase na realización de estudos de situación e actividades de apoio ás Pemes nas rexións europeas periféricas.