Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
351 visitantes
Total dende 21-12-05: 67457913 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Actualizado o Espello da Zentralblatt Math PDF E-mail

O espello da base de datos matemática Zentralblatt Math instalado no CESGA foi actualizado recentemente.

Tras esta última actualización, os usuarios poden consultar versións completas dos volumes que van do 826 ao 929.

A Zentralblatt Math é a maior base de datos existente en Europa sobre artigos de investigación en Matemáticas. O servidor do CESGA dá acceso on-line á base de datos ás Universidades e Centros de Investigación de todo o Sur de Europa, e poden acceder os investigadores en Matemáticas das tres Universidades galegas e dos centros de investigación en Galicia. A base de datos recolle recensións de todos os artigos publicados no campo da investigación matemática desde 1931.

Cada ano engádense á base uns 50.000 artigos de nova publicación. A instalación deste espello no CESGA foi posible grazas ao acordo firmado en 1998 pola editorial "Zentralblatt fur Mathematik", a Facultade de Matemáticas, e o Instituto de Matemáticas cos apoios do Vicerrectorado de Investigación de Santiago, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e o propio CESGA.

Actualizado ( 09.09.2005 )
Siga o seminario "Xestión, Seguridade e Aplicacións en Redes IP Avanzadas" dende o seu PC PDF E-mail

O próximo 22 de febreiro celébrase no CESGA o seminario "Xestión, Seguridade e Aplicacións nas Redes IP Avanzadas". É posible seguir este seminario por medio de Real Video de xeito experimental e limitado co patrocinio de Unitronics Comunicaciones.
A transmisión deste seminario realizarase con equipos cedidos pola casa Unitronics, o martes 22 de febreiro en horario de 9:00 a 14:00h.

Para ter acceso a esta transmisión debe ter instalado no seu PC RealPlayer G2.

Dende o seu navegador conéctese a http://video.cesga.es para seguir o seminario e elixa a opción Join Meeting. Para iniciar a sesión introduza o seu nome no campo usuario.

Dado o carácter experimental desta proba e a posible utilización de anchos de banda elevados non é posible garantir o seu correcto funcionamento sen dispor dunha conexión de calidade (postos de traballo conectados a RECETGA ou RedIRIS).

Actualizado ( 13.09.2005 )
Centros de Supercomputación de Galicia, Cataluña e Andalucia aúnan forzas para mellorar a súa oferta PDF E-mail
O CESGA, o CESCA e o CICA, os tres centros de supercomputación das tres comunidades mencionadas, firmaron hoxe 18 de febreiro un acordo de colaboración en Santiago de Compostela:

En representación da S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), firmou o Ilmo. Sr. D. Miguel Angel Ríos Fernández, presidente do Consello de Administración desta sociedade e Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

En representación do Consorci Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA) firmou o Ilmo. Sr. D. Antoni Giró i Roca, Director General de Universidades da Generalitat de Catalunya.

En representación do Centro Informático Científico de Andalucía (CICA), firmou o Sr.D. Rafael Infante Macías, Director do Centro.
Actualizado ( 13.09.2005 )
(+)
Xa están dispoñibles os contidos da web do Proxecto A PONTE PDF E-mail
* Sección "Faino ti mesmo": Ensinámosche, paso a paso, a gardar unha páxina Web no teu disco duro e tamén a marcar unha páxina como favorita. http://www.aponte.org/HD/faino.html  

* Sección "Actividades docentes": fai un chat con nós ou cun centro A PONTE na dirección http://aula.aponte.org/pages_g/Monitors/monitors1.htm  

* Sección "Escaparate": Visita os enlaces que che propoñemos para este mes en http://www.aponte.org/Escaparate/indexEscaparate.html  

* ¡Non esquezas mandar a túa tarxeta de felicitación electrónica! (Se é que estás namorado): http://www.paginas-amarillas.es/SANVALENTIN/bombones.html
Actualizado ( 28.09.2005 )
Mirror de Linux Gazette no servidor do CESGA PDF E-mail
O CESGA conta agora cun mirror dinámico da publicación electrónica LINUX GAZETTE, realizada polos editores da prestixiosa revista LINUX JOURNAL.

Accedendo a este mirror, os lectores da Linux Gazette conectados a RECETGA experimentarán notables melloras nos tempos de consulta á publicación electrónica.
Actualizado ( 12.09.2005 )
<< Inicio < Anterior 91 92 93 94 95 96 97 98 99 Seguinte > Final >>

Resultados 820 - 828 de 888
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA