Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Projects
Highlights

Users Online
397 guests online
Total since 21-12-05: 75381669 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

FUNDUSNET - Validación do telediagnóstico na retinopatia diabética
PDF E-mail

Period : 09 / 1998 - 09 / 2000
Responsible : Dr. Francisco Gómez Ulla
Team:
  • Dra. María Isabel Fernández Rodríguez
  • Unidade de Retina Médica e Diabete Ocular do Servicio de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
  • Pablo Rey Mayo
  • Técnico informático do CESGA e autor da aplicación.

Description :

A diabete é a primeira causa de cegueira por baixo dos 65 anos nos países desenvolvidos, a pesar de que un diagnóstico precoz e a eficacia terapéutica actual pode reducir claramente o risco de perda visual severa. O exame regular do fondo de ollo nos pacientes diabéticos é básico para o control da enfermidade.

Sen embargo, este exame, que xera un gran número de visitas ó oftalmólogo, é aínda moi baixo, incluso nos países máis industrializados.

A demanda desta poboación supera actualmente a posibilidade de atendela adecuadamente nas unidades especializadas en diabete ocular. A avaliación e manexo da retinopatía diabética é unha aplicacón factible da telemedicina, xa que esta baséase en gran medida no diagóstico por imaxe.

A CICYT contribuíu coa financiación para este proxecto sobre telemedicina dirixido pola Unidade de Retina Médica e Diabete Ocular do CHUS en colaboración co CESGA.

Obxectivo:

FUNDUSNET ten por obxectivo a validación dun sistema a distancia que permita que un centro de referencia altamente cualificado poida diagnosticar e asesorar nun breve prazo de tempo. Para isto tomanse imáxes dixitais da retina a través de cámaras non midriáticas en unidades periféricas de consulta e envianse a través da rede o centro de referencia para o seu telediagnóstico. Para coñece-la fiabilidade e especifidade do método, as diagnoses resultantes da exploración da imaxe dixital son contrastadas coas diagnoses emitidas a través de exame directo do mesmo fondo de ollo e a través das imáxes tomadas en diapositivas.

Unha vez se teña comprobada a validez do método para facer diagnóssticos eficaces cun grao de confianza suficiente, o centro de referencia, coordinado por un experto en diabete, e coa axeitada formación en sistemas de análise e tratamento de imáxes, asesorará sobre o diagnóstico e seguimento recomendado de cada paciente en menos de 24 horas (telediagnóstico).

Ofrécese tamén a posibilidade de teleconsulta cunha resposta en menos de 2 horas podendo ser nalgúns casos on line.

Deste xeito poderemos:

  • Evita-la progresión da enfermidade ante a espera da súa valoración por un centro cualificado.
  • Evita-lo desprazamento innecesario de pacientes fóra da súa área sanitaria e incluso do seu centro asistencial.
  • Diminuilos custos socioeconómicos ó mellora-lo nivel diagnóstico terapéutico na loita contra a perda visual (desprazamentos, perda de horas de traballo para acudir a un centro distante do lugar de traballo, baixas, permisos laborais, grande invalidez.)
  • Crear unha prestación sanitaria eficaz, estable e con posibilidades de expansión.
Last Updated ( 09.11.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA