Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
342 visitantes
Total dende 21-12-05: 66850651 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

EGEE - Enabling Grids for E-Science in Europe
PDF E-mail

Periodo : 04 / 2004 - 05 / 2006
Orzamento : 32000000 €
Orzamento cesga: 200000 €
Responsable: Ignacio López
Equipo:
  • Fernando Bouzas Sierra
  • Carlos Fernández Sánchez
  • Javier Fontán Muíños
  • Javier García Tobío
  • Andrés Gómez
  • Javier López Cacheiro
  • Juan Villasuso Barreiro.
Web: http://www.eu-egee.org

Descrición :

O obxectivo do proxecto EGEE é o de construir unha infraestructura europea grid cos últimos avances nesta tecnoloxía que lles ofreza servizo as 24 horas ao día aos científicos e investigadores de 24 países do continente. O CESGA participa nesta iniciativa xunto con outras 70 institucións científicas europeas para a creación dunha macrorede Grid que contará coa potencia de 50.000 procesadores e que creará un espazo de investigación común.

A infraestructura creada unirá todos os equipos dos organismos participantes que funcionarán como un equipo único grazas ao desenvolvemento das tecnoloxías Grid, permitindo o acceso as 24 horas do día desde calquera lugar a todos os equipos informáticos conectados con esta gran rede.
O EGEE converteráse na maior plataforma de conexión de recursos computacionais existente, equiparándose en potencia ao maior supercomputador do mundo na actualidade, o Earth Simulator, situado en Xapón.

Basicamente este proxecto céntrase en tres áreas fundamentais. A primeira delas é a de construir unha rede grid forte, estable e segura que funcione como un supercomputador virtual. A segunda é a mellora continua no software para prestarlle un servizo de alta calidade aos usuarios, e por último, o EGEE tenta atraer novos usuarios tanto do mundo da ciencia como da industria, e asegurarse de que reciben unha formación axeitada na alta computación e que se lles presta o soporte necesario para desenvolver os seus traballos.

O EGEE, xestionado polo CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), é un proxecto de dous anos de duración concibido coma parte dun programa de catro anos, que ten como finalidade integrar as iniciativas Grid que se están a desenvolver ao longo de todo o continente europeo a nivel nacional ou rexional, aprender das experiencias desenvolvidas anteriormente con esta tecnoloxía e prover á comunidade científica dunha única ferramenta que agrupe todos os equipos de supercomputación europeos.

Esta infraestructura será construída tomando como base a rede de investigación de alta capacidade GÈANT, que conecta os máis importantes centros científicos de toda Europa, e que lles proporcionará aos investigadores europeos uns recursos informáticos comúns, cunha capacidade superior á da maioría dos supercomputadores do mundo.

Actualizado ( 29.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA