Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Proxectos
Destacados

Conectados
552 visitantes
Total dende 21-12-05: 75375334 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CHEAPTB - Deseño e fabricación dun sistema xerárquico de almacenamento de alta capacidade de baixo custo de adquisición e funcionamento
PDF E-mail

Periodo : 01 / 2000 - 01 / 2001

Descrición :

O obxectivo do proxecto é desenvolver un sistema de almacenamento de datos masivo conectable á rede coas seguintes características:

1. Será de baixo custo de fabricación e mantemento utilizando hardware comercial cun sistema operativo Linux enfocado ó sector empresarial PYME.

2. O sistema deberá poder almacenar varios TB de información e poder crecer de xeito ordenada.

3. Os arquivos a almacenar serán de grande tamaño (películas, datos, música, arquivos de copias de seguridade) que requiran o acceso esporádico e, fundamentalmente, secuencial.

4. Os tempos de latencia (tempo de espera antes de poder acceder ao principio do arquivo) non son críticos, da orde de segundos (é dicir, da mesma orde de magnitude que os tempos dun sistema xerárquico de almacenamento baseado sobre cintas).

5. Deberá soportar varios tipos de acceso remoto ós arquivos por sistemas estándar (SMB, AFS, etc) ou de novo desenvolvemento (GASS de Globus ou VoDKA).

6. Deberá poder controlar en parte o consumo eléctrico global do sistema, acendendo e apagando recursos non necesarios.

O sistema está enfocado a un tipo de empresa ou organización que require grandes cantidades de almacenamento en liña (de entre 2TB e 10TB) de baixo custo (menos de 6000 TB), como as empresas de distribución de vídeo en demanda, radios, televisións locais, empresas de servicios de copias de seguridade, etc.

O traballo será realizado en forma de proxecto coordinado pola Universidade da Coruña e o CESGA, contando con dous subproxectos:

Subproxecto 1. Universidade da Coruña.

Realizará o deseño e implementación dun prototipo de servidor con N nodos de almacenamento e o desenvolvemento do software de control e os frontais de adaptación (SMB, AFS, GASS, VoDKA) segundo as especificacións.

Subproxecto 2. CESGA.

Conxuntamente coa Universidade da Coruña realizará as especificacións da plataforma de almacenamento en función dos requerimentos actuais de aplicacións científicas e industriais. Seleccionará e adaptará unha ou varias aplicacións para probar o sistema en real así como para a realización de "benchmark". Finalmente, realizará un estudio comparativo de custos de funcionamento con respecto a outros sistemas de almacenamento dispoñibles no CESGA.

IP UDC: José Luis Freire
IP CESGA: Carlos Fernández

Actualizado ( 21.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA