ArcGIS - Sistemas Corporativos: Difusión de información
Data: 28.05.2003 Horario: de 10:00 a 17:00h
Organiza: ESRI
Colabora: CESGA
Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto:cursos
Despois da implantación dun Sistema Corporativo de Información cos datos almacenados nun repositorio común e os sistemas de xestión e actualización de información implamentados, os diferentes postos de consulta da información poden ser unha fase crítica de implantación polo custo por posto. Nesta xornada verase como a solución ArcGIS ten ferramentas gratuitas para a consulta e análise básica da información que permitiranos difundir toda a información do noso sistema, tanto dentro como fora da organización.