O obxectivo xeral é facilitar o establecemento de colaboracións concretas entre os grupos de investigación máis involucrados na parte "Bio..." e os grupos máis cercanos á parte "...informática" desta disciplina.
Máis concretamente a xornada pretende ofrecer un foro ós investigadores "Bio..." para que poidan presentar os problemas, barreiras e limitacións con que se atopan no avance no seu traballo por non dispoñer dos algoritmos, métodos matemáticos ou programas informáticos (sistemas de data mining, visualización, etc...) adecuados o seu caso específico.
AXENDA
10:00 Presentación
Ilmo. Sr. D. Miguel Angel Ríos Fernández.
Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.
10:10 "Caracterización do grao de pregamento de proteínas"
Ernesto Estrada, Dpto. de Química Orgánica, Fac. de Farmacia. Universidade de Santiago. Abstract
10:30 "Bioinformática no Laboratorio. Aplicación ao Estudio do Xen PKD1"
Dra. Pilar Calo Mata, Laboratorio de Biología Molecular en Nefrología. Laboratorio de Investigación 3, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Abstract
10:45 "Aplicación da Bioinformática como Ferramenta na Búsqueda do Xen Causante da Enfermidade Autosomal Dominant Medullary Cystic Kidney Disease (ADMCKD)"
Kleber Parreira (Unidade de Medicina Molecular)
Lab. de Investigación, Hospital Clínico Universitario de Santiago. Abstract
11:00 "Instrumentación Bioinformática para a investigación xenómica do castiñeiro (Castanea Sativa)"
Francisco Rodríguez-Trelles, Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, CSIC.
11:20 Pausa - Café
11:40 "Requerimentos Computacionais das Metodoloxías de Reconstrucción Filoxenética baseadas no Análise de Secuencias de ADN"
Javier Quinteiro, Depto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Fac. Biolóxicas, Universidade de Santiago
12:00 "Utilidade da Bioinformática no Estudio do Xen HDC en microorganismos de Interese Alimentario"
Jorge Barros Velázquez, Dpto. de Tecnoloxía dos Alimentos, Fac. de Veterinaria, Universidade de Santiago. Abstract
12:20 "Xestión da variabilidade xenética en programas de mellora e conservación coa axuda de ferramentas informáticas"
Jesús Fernández Martín, Dpto. Bioquímica, Xenética, e Inmunoloxía, Fac. de Ciencias, Universidade de Vigo.
12:40 "Presentación da Empresa ALMA Bioinformatics, S.L."
Florencio Pazos, Bioinformático senior, ALMA Bioinformatics S.L.
13:00 "Filosofía, Estructura, Objetivos y Acciones de la Red Temática Nacional de Bioinformática"
Roderic Guigó, Coordinador de la Red Temática Nacional de Bioinformática.
Instituto Municipal de Investigación Médica, Universitat Pompeu Fabra
13:20 Charla – Coloquio
Moderada por: Andrés Gómez Tato, CESGA.
14:00 Fin da xornada |