A contratación para estes postos de traballo queda condicionada á concesión das axudas do Ministerio de Educación e Ciencia e á aprobación preceptiva da Xunta de Galicia.
Soporte das comunicacións RECETGA.
Instalación novos compoñentes da rede.
Monitorización do tráfico.
Diagnóstico e resolución de problemas.
Elaboración copias de seguridade
Rexistro de incidencias
Atención do servizo de garda de comunicacións.
Soporte das comunicacións do Centro:
Instalación de novos compoñentes.
Monitorización.
Diagnóstico e resolución de problemas.
Mantemento.
Xestión de telefonía interna e videoconferencia/multiconferencia
Asignación direccións IP.
Soporte dos Servizos de Comunicacións:
Administración dos sistemas de correo electrónico, web, listas de correo, acceso remoto, news e ftp.
Administración do DNS e xestión dos dominios e subdominios do CESGA.
Configuración, despregamento e mantemento de novos servizos de rede (IPv6, Multicast, Mobilidade con WiFI, etc.).
Soporte a usuarios.
Xestión de equipamento e servizos do GALNIX
Xestión das comunicacións.
Manter rexistro de incidencias.
Control de acceso a sala de comunicacións
Elaboración de estatísticas periódicos.
Xestión de Seguridade de rede.
Localización de intrusións.
Xestión de Firewall.
Xestión de uso debido da rede.
Estatísticas de incidencias de seguridade.
Coordinación técnica con:
Centros conectados.
RedIRIS.
Operadoras integrantes do Galnix
Retegal e provedores de rede
Participación en proxectos da área
Participación en accións de diseminación
Ofrécese: Contrato por obra o servizo determinado (duración aproximada: 36 meses)
Requírese:
Enxeñeiro Superior en Telecomunicacións, Informática ou titulación Superior equivalente de áreas técnicas.
Experiencia, mínima de dous anos, como usuario do sistema operativo UNIX ou LINUX
Coñecementos de inglés a nivel técnico.
Manexo de ferramentas ofimáticas.
Dispoñibilidade para viaxar.
Non estar a gozar actualmente, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas mediante a Orde CTE/1370/2003, de 23 de maio, pola que se establecían as bases e se facía pública a convocatoria de axudas de persoal técnico de apoio, no marco do Programa Nacional de Potenciación de Recursos Humanos do Proxecto Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2000-2003)
Non ter presentado ou ter pretensión de presentar unha solicitude dentro do programa de axudas para a contratación de persoal técnico de apoio (BOE 10 de abril de 2007).
Valórase:
Título de Doutor nalgunha das áreas técnicas anteriores.
Coñecementos de tarefas de administración sistemas en contornos unix/linux.
Coñecementos de administración de seguridade en redes e sistemas.
Coñecementos de linguaxes de scripting, linguaxe C/C++, desenvolvemento web.
Coñecementos de administración de redes TCP/IP en contornos WAN/LAN
Formación ou participación en proxectos de I+D+i.
Dominio do idioma galego.
Presentación de C.V.:
Interesados enviar C.V. e a documentación solicitada nas bases publicadas para este posto, indicando referencia, antes das 14:00 horas do 23-04-2007
Email: emprego@cesga.es
Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela