Conectados |
319 visitantes |
Total desde 21-12-05: 75337106 visitas
|
EXCELENCIA GESTIÓN |
|
Accesibilidad |
|
|
|
Análise Técnico de Rendemento do Finis Terrae |
|
Nombre: DO_APL_AnalisisRendimiento_V1.pdf |
Tamaño: 3.57 MB |
Descripción: O Centro de Supercomputación de Galicia conta no seu haber co supercomputador Finis Terrae desde Novembro de 2007, data na cal se situou no posto 100 do top500. Este sistema supón unha valiosa ferramenta para a comunidade científica, e maximizar o seu rendemento é unha prioridade alcanzable mediante o coñecemento do seu comportamento en diversas situacións. O presente traballo constitúe unha avaliación que axudará a alcanzar este obxectivo.
Pola súa arquitectura baseada en celas, no Finis Terrae ten influencia nas comunicacións entre nodos o procesador no que se está executando a aplicación. Para cuantificar esta influencia realizáronse probas con varias configuracións. Tamén se avaliou a escalabilidad de operacións colectivas, involucrando até a 1024 procesos, de forma que agora coñécese a degradación que producirá o uso destas operacións en aplicacións cun gran número de procesos.
Cun gran número de núcleos por nodo, a programación híbrida MPI OpenMP pode resultar unha opción atractiva para obter o máximo rendemento. Nesta avaliación obtivéronse datos que poden axudar a estimar as configuracións óptimas das aplicacións.
UPC perfílase como unha linguaxe interesante para a programación deste tipo de plataformas, e ten gran interese para o CESGA, polo que a cuantificación das comunicacións vén motivada tamén para aplicar o coñecemento adquirido a UPC. Dada a súa riqueza semántica para a programación paralela, é unha opción interesante para a programación do Finis Terrae.
Tamén se avaliou Java, que mostrou un pobre rendemento pero unha boa escalabilidad para tamaños de problema grandes.
|
Publicado: 12.03.2009 14:59 |
Actualizado: 12.03.2009 16:48 |
|
|
|
|
Master HPC |
|
CESGA APOYA |
|
PRACE Award 2009 |
|
Itanium Alliance Award |
|
Miembro de Gelato |
|
Acreditación EUGridPMA |
|
Dominio gallego |
|
ALERTA VIRUS MENSUAL |
|
|