O
nacemento de Intel remóntase ó 18 de xullo de 1968,
da man de Robert Noyce e Gordon Moore.
Nun
principio, Intel era unha modesta empresa formada por 12 científicos
nun local alugado en California. Naqueles intres todas as computadoras
empregaban memoria magnética que, aínda que ocupaba
máis espacio, consumía más enerxía e
tiña menos prestacións, era 100 veces máis barata.
Ted
Hoff deseñou un chip revolucionario que podía ser utilizado
en moitos outros dispositivos sen necesidade de ser redeseñado,
un gran logro nacido dun encargo de microprocesadores para unhas
calculadoras dunha empresa xaponesa.
En
1971 naceu o primeiro microprocesador (naquela época aínda
non se coñecían por ese nome). O potentísimo
4004 executaba 60.000 operacións por segundo. Púxose á venda
por 200 dólares. Axiña Intel comercializou o 8008,
capaz de procesar o dobre de datos que o seu antecesor e que inundou
os aparatos dos aeroportos, restaurantes, salóns recreativos,
hospitais, gasolineiras...
A
mediados dos 70 propuxéronlle a Intel comercializar o 8080
equipado cun teclado e un monitor orientado ó mercado doméstico.
Estábanlle propoñendo ser os pioneiros no mundo das
computadoras persoais. Pero non viron a utilidade desas máquinas
e descartaron a idea. Foi IBM quen confeccionou o primeiro PC cos
procesadores Intel.
En
1982 apareceu o revolucionario 286, equipado con 134.000 transistores.
Foi o primeiro en ofrecer compatibilidade de software cos seus predecesores.En
1985 chegou o 386, un microprocesador de 32 bits e 275.000 transistores
que foi rapidamente adoptado por Compaq para a súa computadora
persoal Compaq Deskpro 386. Catro anos despois chegaría o
robusto Intel 486 formado por 1,2 millóns de transistores.
En 1993 Intel empeza a desenvolver a liña Pentium con 5 veces
máis capacidade de cálculo có 486. Despois chegará o
Pentium Pro. Seguirían o Pentium II no 97, o Pentium III no
98, e Pentium IV no 2000.