En 1959 a firma Texas
Instrument logrou plasmar nunha mesma pastilla semiconductora seis transistores,
dando así orixe ós circuítos
integrados. Antes da chegada dos circuítos integrados, os ordenadores
estaban deseñados para aplicacións científicas
ou de negocios, pero non para as dúas cousas.
A invención
do circuíto posibilitou a fabricación de varios transistores
nun único substrato de silicio no que os cables de interconexión ían
soldados. Este empaquetamento permitiu construír computadoras
máis pequenas, rápidas e baratas, desprendendo menos
calor e sendo enerxeticamente máis eficientes. Gordon E. Moore
foi o que patentou do primeiro circuíto integrado.