Nova actualización de Cambridge Structural Database (CSD)
O día 9 de Setembro de 2008, instalouse a actualización de agosto de 2008 da base de datos do CSD, contendo 20.244 novas estruturas, o que supón un total de 456.628 entradas na base de datos.
A Cambridge Structural Database é unha base de datos que recolle información bibliográfica, química e cristalográfica de compostos orgánicos e organometálicos obtida mediante difracción de raios X e difracción de neutróns.
Usuarios habituais: Químicos inorgánicos, orgánicos e teóricos.
Usuarios potenciais: Químicos e físicos, que traballen en sínteses ou caracterización de estruturas moleculares, e necesiten comparar con estruturas identificadas en bibliografía.
A completa guía de uso, así como información adicional sobre este software pódese atopar na pagina oficial do CESGA (http://www.cesga.es), baixo Computación> Aplicacións > Basees de DatosCientíficas > CSD ou directamente na seguinte URL:
Se se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (comando cq), selecione as opcións View Databases > Entries in CSD version 5.29 (November 2007) ou View Databases > Entries in CSD version 5.29 updates.
Ante algún problema co programa ou a actualización, non dubide en poñerse en contacto connosco a través de aplicacions@cesga.es, indicando no asunto "Erro en CSD".