Os usuarios de Matlab teñen á sua disposición unha nova funcionalidade para evitar os fallos de execución nas colas por falta de licencia.
Matlab execútase dende as colas normalmente, pero para evitar que os traballos que empreguen Matlab fallen ó entrar en execución por falta de licencias, implementamos un novo recurso para o comando qsub: "matlab"
A forma de uso será engadir á liña habitual do qsub ",matlab=1" ó final.
De esta forma estamos pedindo unha licencia libre para executar o noso traballo.
No caso de que a licencia non estea dispoñible nese momento, o traballo non entrará en execución ate que algunha se libere.