O día 30 de abril de 2003 instalouse a actualización correspondente a abril de 2003 da base de datos CSD. Esta actualización contén 8.385 novas entradas na base de datos e inclúese automaticamente nas buscas, sen necesidade de activala.
Se quere coñecer o contido da nova actualización, no programa ConQuest (arráncase co comando cq), seleccione as opcións View Databases -> Entries in CSD version 5.24 updates.
Lembrámoslles que a base de datos Cambridge Structural Database (CSD) está instalada nunha máquina dedicada, polo que se precisan acceder a esa base de datos e non teñen acceso aínda, terán que solicitarllo aos nosos técnicos. Actualmente conta con cerca de 291.000 entradas.
Se teñen algún problema co programa ou actualización, non dubiden en pórse en contacto connosco a través de , indicando no asunto "Erro en CSD".