O CESGA informa aos seus usuarios dun corte non programado nos servizos.
Hoxe, 19 de setembro de 2007 ás 12:42 horas produciuse un corte na subministración eléctrica ás instalacións deste Centro. Consultado o provedor, este confirmou a existencia dunha avaría, aínda que non especificou o motivo nin o tempo estimado de reestablecemento do subministro. Os sistemas que garanten alimentación ininterrompida mantiveron operativos os equipos aloxados no edificio ate as 13:09, hora en que se produciu a caída de todos os sistemas que soportan os servizos cálculo, almacenamento e comunicacións.
O provedor reestableceu o servizo ás 13:43 horas. Os servizos do centro foron recuperados progresivamente ata atoparse totalmente operativos.
Lamentamos as disrupcións que este corte de servizo poidan ter ocasionado aos nosos usuarios.