Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Comunicaciones » O GALNIX foi inaugurado este mediodía en Santiago polo presidente da Xunta
Destacados

Conectados
384 visitantes
Total desde 21-12-05: 75367777 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

O GALNIX foi inaugurado este mediodía en Santiago polo presidente da Xunta PDF E-mail

Galicia dispón xa dun punto neutro de intercambio de tráfico que permitirá mellorar os servizos de Internet

 

  • Esta infraestrutura informática proporcionará un acceso máis rápido á información contida nos servidores conectados a Internet na Comunidade, ademais de achegar o mundo académico-científico aos sectores empresarial e industrial
  • Manuel Fraga animou a todas as empresas e institucións que xeren tráfico de datos de Internet a que se sumen a esta iniciativa 
 
 Santiago, 15 de maio de 2003.- "A Xunta de Galicia é consciente da importancia estratéxica das infraestruturas da rede. Por isto, decidiu contribuír á optimización do uso das tecnoloxías de Internet, promovendo a constitución do punto neutro de Galicia a través do CESGA, contando co apoio do Foro para e Extensión da Sociedade da Información". Así o asegurou o presidente da Xunta, Manuel Fraga, na inauguración desta nova infraestructura informática, acto que tivo lugar este mediodía na sede do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en Santiago.
 
O punto neutro de intercambio de tráfico de Internet en Galicia, o GALNIX, proporcionará un acceso máis rápido á información contida nos servidores conectados a Internet na Comunidade e permitirá achegar o mundo académico-científico aos sectores empresarial e industrial galegos, xa que ata o de agora conviven en redes de diferentes operadores de telecomunicacións.
 
Ao mesmo tempo, o GALNIX aliviará problemas de saturación da rede, reducindo os percorridos e os riscos de atoparse con embotellamentos en Internet, contribuíndo a mellorar a calidade no servizo, do que o usuario será o seu beneficiario directo.
 
O titular do Goberno galego asegurou, na súa intervención, que o punto neutro "convértese nunha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia", xa que contribuirá á mellora "da estrutura da Rede de redes e posibilitará un mellor servizo aos usuarios galegos de Internet".
 
ANIMAR ÁS EMPRESAS PARA QUE SE SUMEN Á INICIATIVA
Manuel Fraga tamén lembrou que, desde o mes de xullo (data na que asinaron o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia) "Auna, o CESGA, Comunitel Global, Jazz Telecom, R Cable, Telecomunicaciones Galicia e Retegal estiveron traballando para poñer en marcha este novo servizo". Neste sentido, o presidente da Xunta agradeceu ás operadoras que participan na iniciativa "a súa sensibilidade e esforzo para a mellora de Internet en Galicia".
 
Ademais, o máximo mandatario galego aproveitou a oportunidade para animar a todas as empresas e institucións que xeran tráfico de datos de Internet na Comunidade galega a que se sumen ao punto neutro inaugurado hoxe xa que, ao seu xuízo, deste xeito "non só mellorarán os seus servizos, senón que ademais actuarán como catalizadores no desenvolvemento da sociedade galega".
 
INCREMENTO DOS USUARIOS DE INTERNET
No transcurso da súa intervención, o titular do Goberno galego sinalou que o número de usuarios conectados a Internet se incrementa constantemente, e proba disto é que na actualidade xa son máis de 600 millóns de persoas as que contan con conexión á rede e 175 os millóns de servidores operativos.
 
"Galicia non está a marxe desta tendencia", sentenciou Manuel Fraga. Nesta liña aludiu aos estudos que periodicamente realizan o Observatorio TIC e o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, que revelan que a penetración de Internet nos fogares, empresas e institucións galegas é cada vez máis importante e os servizos e contidos que se ofertan máis numerosos. Isto significa, segundo Fraga, "que Internet soporta unha maior complexidade organizativa e tecnolóxica".
Modificado ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA