Presentan o Convenio que dá acceso á base de datos MATHDI
Catro institucións presentan esta mañá no CESGA o resultado dun Convenio de Colaboración, en virtude do cal profesores de secundaria de toda Galicia, ademais da comunidade universitaria e investigadora galega, poderán ter acceso gratuito a máis de 100.000 referencias bibliográficas do campo das matemáticas, a través da base de datos MATHDI.