Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
1979 visitantes
Total desde 21-12-05: 73781847 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

O Cesga retransmite o III Congreso Internacional "Historia a debate" PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia prestará soporte tecnolóxico na celebración do III Congreso Internacional Historia a Debate do 14 ao 18 de xullo en Santiago de Compostela.

O Congreso será transmitido en directo polo CESGA a través da web de Historia a Debate, aloxada neste centro desde 1999, e que chegou ao millón de visitas en marzo deste ano. O CESGA pon á disposición deste Congreso o equipamento e servizos precisos para transmitir por Internet parte das sesións, seleccionadas pola organización.
 
Para incorporar estas tecnoloxías ao Congreso formouse un equipo de traballo integrado por investigadores de Historia da USC, técnicos multimedia do Servimav da USC e técnicos de comunicacións do CESGA.
 
Este equipo de traballo, xunto con RECETGA ( a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia xestionada polo CESGA), posibilitará a asistencia ao Congreso desde calquera lugar do mundo con acceso á Internet.
 
Nos anteriores Anos Xacobeos celebráronse en Santiago de Compostela o I e o II Congreso Internacional de Historia a Debate, cuxas actas en nove volumes constitúen xa unha referencia indispensable sobre os métodos, a historiografía e a teoría da historia na última década do século XX. Esta nova edición do Congreso será sen dúbida a máis importante con 140 ponencias inscritas desde universidades de 25 países de América, Europa e África.
 
Nas mesas redondas debatiranse temas como a fragmentación da historia, a globalización da sociedade, a antiglobalización, os atentados do 11 de setembro e do 11 de marzo ou a idea histórica de España entre outros relacionados coa historia e a historiografía.
 
Para máis información, poden dirixirse a www.h-debate.com
Modificado ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA